As participacións preferentes e obrigas subordinadas foron autorizadas exclusivamente con gobernos do PP na Xunta

As participacións preferentes e obrigas subordinadas foron autorizadas exclusivamente con gobernos do PP na Xunta

As participacións preferentes e obrigas subordinadas foron autorizadas exclusivamente con gobernos do PP na Xunta

A viceportavoz do Grupo Socialista Carmen Gallego revelou hoxe que tanto Caixa Galicia como Caixanova emitiron participacións preferentes e obrigas subordinadas só baixo gobernos do PP na Xunta de Galicia. Así o revelou hoxe na comparecencia do director xeral de Política Financeira do goberno galego entre os anos 1997 e 2004, José Álvarez Cobelas, na Comisión de Investigación sobre a fusión das caixas.

Gallego esgrimiu un documento da Comisión Nacional do Mercado de Valores que revela que as participacións preferentes e obrigas subordinadas dunha estafa que ten atrapados os aforros de 70.000 galegos e galegas foron emitidas “sempre con gobernos do PP na Xunta de Galicia”.

Dixo así que as preferentes foron emitidas por Caixa Galicia en decembro de 2003, maio de 2009 e outubro de 2009, e as subordinadas en outubro de 2003, agosto de 2004, xaneiro de 2005 e xullo de 2005, “sempre con gobernos do PP na Xunta de Galicia”. tamén foi así no caso de Caixanova, que emitiu preferentes en maio de 2005 e xullo de 2009 e subordinadas en xaneiro de 2003, agosto de 2003, xaneiro de 2004 e decembro de 2009.

A responsable socialista lembrou ademais que foi o goberno de Aznar o que autorizou en 2003, a través dunha modificación lexislativa, a comercialización destes produtos a pequenos aforradores. Dixo así que foi na época do PP “cando se iniciou o camiño da estafa masiva a milleiros de galegos e galegas que están esperando que esta Comisión sinale a quen cometeu e consentiu a estafa”.

Carmen Gallego reclamoulle a Álvarez Cobelas que explique “quén autorizou estas emisións” do produto fraudulento, e reclamou “ónde están eses documentos e por qué se están ocultando a esta Comisión de Investigación”. Reclamoulle ao comparecente que explique qué sucedeu con aquela documentación, e polo tanto “si se destruíron os documentos ou non se queren facilitar polo goberno galego”.

Reclamou que explique qué criterios eran seguidos para emitir as autorizacións e “si tiñan en conta que era un engano masivo”, ademais de subliñar os departamentos do goberno galego polos que pasaron as autorizacións e “si os conselleiros e o presidente ou o Consello da Xunta tiñan coñecemento do mesmo”.

Información oculta

A parlamentaria socialista denunciou que, de acordo coa documentación remitida polo goberno galego, a emisión de obrigas subordinadas de Caixa Galicia en 2003 foron autorizadas pola CNMV, polo Banco de España e pola Consellería de Economía e Facenda. Advertiu sen embargo que o anexo no que debera figurar a sinatura da persoa que autorizou a emisión das obrigas está en branco.

Os socialistas constataron así que os documentos enviados á Comisión de Investigación “veñen cercenados” e preguntoulle ao ex director xeral de Política Financeira “si era vostede mesmo quen asinaba as autorizacións, e si non era así quén o autorizaba”, xa que a documentación enviada non o contempla.

A parlamentaria socialista reclamoulle á Mesa da Comisión e á Mesa do Parlamento que se dirixan ao goberno galego “para que lle remita á Cámara o conxunto de documentos e non só unha parte para que os deputados autonómicos poidamos verificar a verdade, e a verdade é que tanto asm preferentes como as subordinadas foron feitas en tempos de goberno de Fraga e de Feijóo como conselleiro”.

Aposta política irresponsable

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo hoxe que o fracaso na fusión das caixas galegas deriva unha “aposta política irresponsable e falida de Feijóo”. Así o dixo na comparecencia do ex conselleiro de Economía do goberno socialista da Xunta, José Ramón Fernández Antonio, na Comisión de Investigación sobre a fusión das caixas.

Losada lembrou a insistencia do presidente da Xunta, que en 2009 apostaba por “reforzar o control político das caixas” simplemente “para criticar que o goberno de Touriño non tivera a un supervisor na xestión das caixas” cando a realidade é que foi o primeiro goberno en aprobar un programa de financiamento extraordinario con cargo ao BEI e o ICO en xaneiro de 2008.

Pola contra, a estratexia político – económica de Feijóo rematou coa desaparición do sistema financeiro galego, hoxe en poder do FROB. Situou no “problema de xigantismo e dunha competición desconectada da realidade de Galicia e de España” amparado polo goberno galego o que levou ás entidades a desaparecer.

Finalmente, explicou, Feijóo levou a Galicia a unha fusión fracasada que custoulle aos cidadáns 9.000 millóns de euros que foron inxectados nas entidades, ademais dos “danos colaterais en forma de oficinas pechadas, traballadores no paro, Pemes e familias sen crédito, o tecido industrial licuándose por falla de crédito, persoas e concellos sen entidades financeiras e a obra social en risco de desaparecer”.

Participacións preferentes

Tamén supuxo 70.000 estafados pola fraude das preferentes e subordinadas mentres Feijóo “só se preocupaba de preservar no FROB os 70 millóns de euros das grandes fortunas”, e de “construír falsidades” que demostran a súa preocupación por agochar unha “incapacidade manifesta” na estafa das preferentes e subordinadas.

Lembrou que, en contra do que afirmou o PP, o listado de participacións preferentes e subordinadas que permanecen vivas e que foi publicado nos medios de comunicación evidencia que corresponden a gobernos do PP. Dixo que as demais participacións preferentes e obrigas subordinadas asinadas ou ben correspondían a clientes institucionais ou ben non teñen problema para a recuperación dos fondos estafados.

Losada explicou ademais que o Memorándum de entendemento asinado entre Rajoy e a UE “puido colgarse a medalla de limitar o rescate financeiro a costa de claudicar en que os aforradores estafados polos bancos eran considerados socios capitalistas”.

Finalmente, lembrou que, de acordo coa documentación que manexa a Comisión de Investigación, os informes de auditoría sobre a fusión constitúen o “exemplo paradigmático de que quen paga manda” e comparou ás auditoras e axencias de rating con “pintores de cámara” que “fan pintura por encargo de quen lles manda”.

Burato

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, revelou que, de acordo coa documentación analizada pola Comisión de Investigación, as auditoras tiñan revelado antes da fusión a existencia dun burato en Caixanova e outro “un pouco mais grande” en Caixa Galicia. Sinalou que “si as xuntamos o que temos é un burato grande, que foi o que pasou”.

Así o dixo na comparecencia do director xeral de Política Financeira e Tesouro da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009, Eugenio García Linde, na que sinalou que o cerne da crise financeira das entidades foi unha política de “malas prácticas” de investimento en base a activos arriscados relacionados coa construción inmobiliaria.

Tendo en conta esta situación, revelada polas auditoras, dixo que “hoxe parece que a fusión non foi unha decisión acertada”, e engadiu que “vendo os informes dalgunhas auditoras, en especial o de KPMG, non sei si tería tomado a decisión de fusionalas”.

González Santín engadiu que logo dunha situación que semellaba “idílica” das entidades, a realidade é que hoxe se levan empregado 9.000 millóns de euros públicos, haberá 4.000 traballadores mais na rúa e pecharán de 950 oficinas en toda Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar