As enquisas demostran que hai vontade dun cambio liderado polos socialistas

As enquisas demostran que hai vontade dun cambio liderado polos socialistas

O coordinador da campaña electoral do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas, considera que o resultado das enquisas coñecidas hoxe amosa “que existe unha vontade de cambio en Galicia e que os galegos prefiren que ese cambio o lideremos os socialistas”.

Lage manifesta o seu convencemento de que “se todos os que algunha vez votaron ao PSOE se mobilizan, o cambio é posible”. “Estamos convencidos de que segundo avance a campaña iremos mellorando a nosa posición, porque temos o mellor candidato e o proxecto máis sólido para Galicia”, destaca.

O coordinador da campaña socialista considera que “os galegos saben que a mellor garantía para o cambio en Galicia é apoiar ao Partido Socialista”.

jacobo

Deixar a resposta

Pechar