As emendas socialistas á Política Pesqueira Común inclúen no regulamento a defensa da pesca costeira e artesanal

As emendas socialistas á Política Pesqueira Común inclúen no regulamento a defensa da pesca costeira e artesanal

As emendas socialistas á Política Pesqueira Común inclúen no regulamento a defensa da pesca costeira e artesanal

Antolín Sánchez Presedo, parlamentario europeo do PSdeG-PSOE, explicou a posición socialista reflectida nas 172 emendas presentadas

Salientou que os socialistas introducen na proposta de regulamento algo que non estaba contemplado: dar prioridade á pesca costeira, artesanal, o marisqueo e a acuicultura natural e de pequena escala

O parlamentario autonómico do PSdeG-PSOE, Antolín Sánchez Presedo, explicou en rolda de prensa a posición socialista respecto da Política Pesqueira Común, e detallou o contido das 172 emendas presentadas á proposta de Regulamento de 13 de xullo de 2011.

Galicia é a rexión máis importante no sector pesqueiro da UE, e, polo tanto, unha reforma como a que se propón, que vai estar vixente durante tres anos “merece unha reflexión pública dentro do noso país”.

O Parlamento está recibindo as emendas presentadas, o que fai augurar a Sánchez Presedo un atraso sobre as datas de entrada en vigor da reforma, previsto para o 1 de xaneiro de 2013.

O parlamentario europeo socialista salientou valorou o Consello de Pesca do pasado 12 de xuño por ter permitido sentar as bases para un compromiso máis flexible, “aínda que non se cuestionou o principio de estabilidade relativa, se debilitou o sistema de cotas para a pesca de altura e queda aberto o tema dos descartes, tampouco se dou prioridade á pesca costeira e artesanal”.

Precisamente os socialistas inclúen nas súas emendas a adición ao Regulamento dun novo artigo dedicado á pesca costeira, á artesanal e á acuicultura a pequena escala. Unha emenda novidosa que define estas actividades e as introduce dentro dos obxectivos da PPC.

Dentro destas medidas para a actividade costeira e artesanal, os socialistas contemplan a creación dun programa para estas actividades específico dentro do Fondo pesqueiro e marítimo, “pero que non impida a súa participación no resto de programas horizontais”.

Deben existir reservas e zonas protexidas de pesca. Unha “Rede Europea de zonas protexidas de pesca”, apunta Sánchez Presedo, para contirbuír á recuperación dos recursos. Para elo elaborarase un “libro verde”.

Para mellorar esta pesca artesanal e costeira os socialista propoñen tamén a creación dunha etiqueta que faga constar a data de captura, para engadir valor a estes produtos procedentes de mareas de 24 horas.

Os socialistas defenden “un concepto de sostibilidade que teña en conta aspectos económicos, sociais e ambientais. De acordo con esta visión, Sánchez Presedo anunciou a inclusión de emendas para a mellora do emprego, a competitividade, a consecución do marcado único, a protección social e a calidade de vida das zonas pesqueiras.

Defendeu os Plans Plurianuais como instrumento fundamental para o desenvolvemento da actividade pesqueira, e mediante os que se determinan as medidas de conservación e as técnicas posibles e onde se aborde o tratamento dos descartes.

O Rendemento Máximo Sostible, que pretende acadar o límite de seguridade biolóxica en 2015, tamén debe ser modificado, a xuízo do deputado europeo socialista, que pretende alcanzalo en 2020 en todas as poboación a través do deseño dos plans plurianuais.

No relativo aos descartes, os socialistas queren coas súas emendas que se establezan compensacións por “descargar todo o que se pesca”. Sánchez Presedo propón que se compense polas capturas accesorias. Como solución para as tallas inferiores ao legal, propoñen a non comercialización e a súa distribución a usos sociais, e as non comerciais, “os pescadores deberan obter un aproveitamento que lle compense nos costos a través da elaboración de subprodutos, dos que podan obter algún rendemento”.

Antolín Sánchez Presedo propuxo tamén a substitución do principio de estabilidade relativa pola participación efectivas nas actividades de pesca durante un período de referencia de tres anos.

Os socialistas tamén emendan as concesións transferibles, co fin de que non se aplique obrigatoriamente á pesca artesanal e á costeira e se teñan en conta criterios históricos para o seu outorgamento, se reserven cotas para os novos entrantes e admitir a transferibilidade a nivel europeo evitando concentración e excluíndo a operadores que non teñan a actividade pesqueira como principal.

No plano das relacións internacionais, as emendas socialistas van dirixidas á protección de cidadáns, buques, empresas e inversores no exterior e a impoñer a flexibilidade nos acordos de pesca sostible da cláusula de exclusividade, unha vez expire o protocolo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar