As eleccións municipais sitúan ao PSdeG "en condicións de liderar un goberno alternativo na Xunta de Galicia"

As eleccións municipais sitúan ao PSdeG "en condicións de liderar un goberno alternativo na Xunta de Galicia"

As eleccións municipais sitúan ao PSdeG "en condicións de liderar un goberno alternativo na Xunta de Galicia"

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista no Parlamento, José Luis Méndez Romeu, dixo hoxe que os resultados das eleccións municipais de onte sitúan ao PSdeG-PSOE “en condicións de liderar un goberno alternativo na Xunta de Galicia”. Sinalou que os socialistas galegos son o único grupo con representación parlamentaria que medra en apoios nestes comicios.

O respaldo electoral facilitaría un notable aumento de escanos nunha hipotética proxección nunhas eleccións autonómicas e sitúa, engadiu, ao secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, como “referente da construción dun goberno novo en Galicia”. Os socialistas galegos, engadiu, non só consolidan as maiorías nos gobernos nos que gobernan, senón que incrementan os apoios ata situarse ás portas de acadar en torno a un cento de alcaldías.

Méndez Romeu salientou o “excepcional resultado” de Vigo, onde os socialistas acadaron “o mellor resultado de España”, ademais de que por primeira vez na historia é posible acceder a tres das catro deputacións provinciais, logo de que o PP perdera a maioría en A Coruña e Pontevedra. O responsable socialista animou ademais a facer a debida análise e autocrítica nas grandes cidades onde os resultados non foron os agardados.

Fracaso de Feijóo

O responsable socialista puxo o acento no “fracaso persoal de Feijóo” que supoñen estes comicios, por canto “modificou o seu goberno por intereses electorais” e recibiu reveses en Santiago e Vigo. Tamén fracasou na súa estratexia de “manter as deputacións con políticas clientelares e concellos sumisos aos intereses do PP e asfixiados economicamente”.

Polo contrario, situou á Deputación de Lugo como exemplo do respaldo da cidadanía ás políticas socialistas en defensa dos servizos sociais e “con institucións que traballen para a xente”.

Animou ao PP a “moverse de cara á reflexión sobre a necesidade de cambiar de política”, diante da resposta contundente e sen dúbidas da cidadanía, que deu unha “censura uniforme en tódalas institucións”. A cidadanía rexeitou unhas políticas que disparan a pobreza e frean o crecemento, impulsan a desigualdade fronte a protección social, destrúen o Estado do Benestar e amparan a corrupción”.

O mapa político resultante abre un “tempo novo de diálogo e consenso” e supón unha mensaxe nidia para que o PP “abandone a súa política reaccionaria, rectifique a política económica e volva ao diálogo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar