As deputadas e deputados galegos no Congreso despiden a IX lexislatura

As deputadas e deputados galegos no Congreso despiden a IX lexislatura

As deputadas e deputados galegos no Congreso despiden a IX lexislatura

As deputadas e deputados socialistas galegos no Congreso despediron a IX Lexislatura expresando a súa satisfacción polo traballo que desenvolveron aos longo destes últimos case catro anos e mostrando o seu agradecemento aos cidadáns galegos, aos que representaron “con orgullo”.

O seu esforzo e dedicación como parlamentarios galegos nas Cortes contribuíu á aprobación de leis de gran importancia, non só para o conxunto do país senón tamén e para Galicia.

Así, destacan leis como a de Seguridade Alimentaria, a de Residuos e chans contaminados, a de Titularidade compartida das explotacións agrarias, e a de Protección do medio mariño, entre outras, en cuxa elaboración participaron de maneira relevante como ponentes das mesmas.

Así mesmo, o seu esforzo e a súa capacidade negociadora, tanto cos ministerios como co resto de grupos parlamentarios, contribuíu á aprobación no Congreso de numerosas iniciativas de impulso ás infraestruturas galegas e á elaboración duns Orzamentos Xerais do Estado que ano tras ano “foron moi positivos para Galicia”.

Ademais, resaltan “o compromiso do Goberno Socialista de José Luís Rodríguez Zapatero con Galicia e coas infraestruturas galegas”; “un compromiso serio, rigoroso e apoiado con importantísimas investimentos a pesar do difícil contexto económico”; “un compromiso cumprido e grazas ao que, por exemplo, a Alta Velocidade en Galicia é hoxe unha realidade”.

Tamén quixeron destacar o seu orgullo de desempeñar a súa tarefa parlamentaria baixo un Goberno Socialista, do que os dous deputados galegos José Blanco e Elena Espinosa formaron parte como ministros “cun decisivo papel positivo para Galicia” e que contou tamén con outro ministro galego, Fran Caamaño. “Un Goberno –sosteñen- de marcado carácter solidario, un Goberno por e para as persoas que priorizou as políticas sociais e o mantemento dun sistema sanitario forte, público, universal e gratuíto e dun sistema educativo público e de calidade, á vez que adoptou as medidas económicas oportunas para facer fronte á difícil crise internacional que afectou tamén a España”.

Do mesmo xeito, fixeron fincapé na capacidade de diálogo que caracterizou ao Goberno e ao grupo parlamentario socialista, o que levou que o grupo socialista gañase no Congreso o 99% das 4.000 votacións que tiveron lugar nesta lexislatura.

Respecto de Galicia, engadiron ademais que “é necesario que os próximos Gobernos manteñan e incrementen os investimentos que realizou o Goberno Socialista de Zapatero”

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar