As deputadas do PP votan "contra tódalas mulleres traballadoras"

As deputadas do PP votan "contra tódalas mulleres traballadoras"

As deputadas do PP votan "contra tódalas mulleres traballadoras"

PlenoA portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe ás deputadas do PP de votar “en contra de todas nós” ao manter a disciplina de voto do seu partido en contra dun programa de atención específico para a inserción laboral das mulleres galegas. No debate da iniciativa advertiu que “non existe causa que xustifique as desigualdades laborais agás a discriminación e o machismo”.

A deputada socialista fixo unha radiografía do empeoramento das condicións laborais das mulleres galegas co goberno de Feijóo e en todo o Estado dende a chegada de Rajoy á Moncloa, que rematou situando ás mulleres galegas cos salarios mais baixos do Estado, só por diante de Canarias, coa maior fenda salarial de toda Europa.

A acción conxunta das políticas de Feijóo e a reforma laboral provocaron “un grave, lamentable e intolerable retroceso para as mulleres”, situando a España a niveis propios de 2002, cunha fenda de en torno ao 24 por cento de diferenza. En Galicia a fenda salarial medrou ademais un 2 por cento por enriba da media, co que unha muller percibe de media 5.000 euros menos ao ano que un home polo mesmo traballo.

Acuña dirixiuse ás deputadas do PP, ás que acusou de ser “cómplices de que o 25 por cento das mulleres”, as que aínda poden traballar, teñan que padecer un 34 por cento de fenda salarial, que o 28 por cento das mulleres estean en risco de pobreza e exclusión, que perderan 51.000 postos de traballo ou que sexan “cómplices dunha reforma laboral que provocou que unha de cada catro mulleres teña tan só un traballo a tempo parcial”.

Chamou ás deputadas do PP a que “todas xuntas poderiamos cambiar todo isto, xuntas, todos os dereitos e, xuntas, os dereitos de todas”, nomeadamente as máis novas. Lamentou que co seu voto optaran polas “políticas de exclusión do PP, que deixaron ás mulleres na casa, asestando recortes para que, si conseguen que renunciemos a traballar, eliminar dun plumazo a mais da metade da poboación”.

Coincidindo coa celebración, o pasado 22 de febreiro, do Día Europeo pola Igualdade Salarial, e o 8 de marzo do Día Internacional da Muller Traballadora, a deputada socialista presentou unha iniciativa parlamentaria cunha serie de medidas de impulso do emprego que inclúe un programa de atención específico para as mulleres.

Os socialistas reclamaban “actuacións de información, orientación e formación para o emprego en ocupacións nas que a contratación supere o 60 por cento de homes”, definindo as profesións obxecto do mesmo e as mulleres participantes, que disporán do salario de inserción durante o proceso de formación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar