As chaves do futuro, nas mans de Pedro Sánchez

As chaves do futuro, nas mans de Pedro Sánchez

As chaves do futuro, nas mans de Pedro Sánchez

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, dixo hoxe que “o cambio vai ser unha realidade” e defendeu a “remontada” que permita a Pedro Sánchez liderar un cambio “moderado, estable e razoable”. Así o dixo en Ourense, onde visitou unha adega e mantivo un encontro con representantes da asociación de colleiteiros.

O responsable socialista dixo que serán os cidadáns os que decidan “a quén entregan a chave do futuro, quén vai protagonizar o cambio” e engadiu que “nós estamos seguros de que van optar por Pedro Sánchez”. Así o dixo logo de sinalar que “vaise impoñendo o dato de que o PP está fora da carreira” e evidénciase que “non hai ningunha posibilidade de que Rajoy poida formar goberno”.

Fernández Leiceaga sinalou en Ourense que hoxe hai “dúas opcións”, a de Pedro Sánchez, que permita “construír un futuro no que se sintan representados a maioría dos cidadáns de España”, e “a que representa Pablo Iglesias: unha aventura”.

Criticou ao líder de Unidos Podemos, quen “unha mañá levántase independentista sendo pola noite federalista, ou esperta querendo saír do euro para chegar á noite como unha opción socialdemócrata de ocasión”.

Rocío de Frutos

A candidata socialista ao Congreso por Ourense, Rocío de Frutos, presentou hoxe as propostas do PSOE dirixidas a potenciar e apostar polo sector vitivinícola, para que volva ser un “referente de creación de emprego, riqueza e permita asentar poboación” e mesmo un referente social e cultural.

Explicou que o programa socialista inclúe medidas “importantes para o sector”, como é frear a volatilización de prezos, a implantación dunha formación profesional vencellada ao sector vitivinícola. Presentou ademais unha batería de incentivos fiscais que permitan o relevo xeracional e que os mozos e mozas o vexan como unha alternativa de futuro fronte ao “abandono” a que o ten sometido o PP.

jacobo

Deixar a resposta

Pechar