As axudas da Xunta a empresas forestais son "inútiles, escasas e inoperativas"

As axudas da Xunta a empresas forestais son "inútiles, escasas e inoperativas"

As axudas da Xunta a empresas forestais son "inútiles, escasas e inoperativas"

vacasA secretaria de Medio Rural do PSdeG-PSOE, Fe Álvarez, dixo hoxe que as axudas anunciadas pola Xunta ás empresas forestais para o ano 2015, publicadas esta semana, son “inútiles” e “inoperativas” ademais de ao dispor dun “mísero orzamento”. Lembra como exemplo que as axudas aprobadas no ano pasado están sen cobrar a día de hoxe.

A responsable socialista apunta que as axudas pra a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais constitúe “un exemplo mais da xestión dunha Consellería que se limita a cumprir cos trámites administrativos, sen coñecemento da realidade do país e carente dunha estratexia política para o medio rural galego”.

Explica que a orde vai dirixida a un número limitado de empresas, as que contan entre 10 e 250 traballadores e cun volume anual de ata 50 millóns de euros, que malia ser nominalmente Pemes, no agro galego constitúen en realidade as “grandes empresas”. As microempresas familiares galegas, pola contra, fican excluídas e deben acollerse a outro tipo de axudas.

A dita orde vai dirixida a investimentos en activos fixos e plans de mellora de xestión empresarial mediante o investimento en materiais novos que teñen un custe elevado. Sen embargo, a dotación económica limítase a tan só 250.000 euros, cun máximo de 30.000 euros por beneficiario, “o que da idea do escaso do investimento”, subliña.

Ademais, o total das axudas é dividido en 3 zonas xeográficas, que percibirían 138.000, 91.500 e 20.500 euros. Criticou que, con estes criterios, a última zona,que comprendería “zonas rurais de Depresións Ourensáns e Terras do Sil, Lugo Sur, Costa da Morte e Rías Baixas do Norte” non disporía de fondos suficientes nin sequera para beneficiar a un só proxecto na súa totalidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar