Areces compromete tratar no Senado as especificidades de Galicia no financiamento e as demandas do AVE

Areces compromete tratar no Senado as especificidades de Galicia no financiamento e as demandas do AVE

Areces compromete tratar no Senado as especificidades de Galicia no financiamento e as demandas do AVE

O portavoz do PSOE no Senado, Vicente Álvarez Areces, e unha representación da dirección socialista na cámara territorial reuniuse esta mañá no Parlamento de Galicia cos senadores galegos e o grupo parlamentario na comunidade para trasladar o compromiso de levar ao ámbito estatal a reivindicación da chegada do AVE coas conexións pendentes, e completalo coa chegada “a Lugo e a Ferrol”. Tamén apuntou a necesidade de “acentuar as características” de Galicia como o envellecemento, a dispersión ou o despoboamento no novo modelo de financiamento autonómico.

 

Álvarez Areces destacou ademais o problema que afrontan as comunidades do noroeste peninsular ao quedar fóra da rede transeuropea de transportes de mercadorías, e pediu “unirse para reivindicar os intereses comúns” para levalos a Europa. O socialista apuntou que o Senado é unha “cámara fundamental” no “modelo federal irreversible” cara o que debe camiñar España.

 

Cuestións como o futuro de Navantia, o sector lácteo, a revisión de cuotas na pesca ou a incidencia do Brexit no sector pesqueiro en Galicia son outras das iniciativas que coordinarán co grupo parlamentario socialista galego no compromiso de “abrir unha axenda galega” no Senado.

 

Pola súa banda, o portavoz do grupo socialista no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, incidiu na preocupación polo atraso na chegada do AVE coa solución pendente para o tramo Taboadela-Ourense, que fará que a alta velocidade se traslade “uns cantos anos máis” do compromiso de 2018, e denunciou a “desaparición” das conexións con Lugo e Ferrol dos plans de Fomento. Tamén coincidiu na relevancia de que os portos de interese xeral de Galicia non queden fóra da rede transeuropea de transportes, “imprescindible para poder competir”.

 

No referente á “demografía regresiva” en Galicia, lembrou a “extrema debilidade demográfica” da comunidade, cunha caída dos índices de natalidade que sitúa a comunidade entre os peores rexistros mundiais e un avellentamento que pesa sobre as finanzas públicas, as contas sanitarias e o sistema de pensións “poñendo en risco a súa viabilidade de cara ao futuro se non somos quen de xerar emprego estable complementado con servizos e políticas de natalidade e atracción de inmigrantes”.

 

No financiamento autonómico, Leiceaga lembrou que o Parlamento aprobou unha moción que establece que a cobertura das necesidades de gasto determine a distribución de fondos, e teña en conta os custos ligados á dispersión e a presión do avellentamento. “É básico para distribíir os recursos, e compatible con perseverar na autonomía de Galicia fronte aos intentos de recentralización do PP”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar