Apróbase a creación da comision de investigación das caixas galegas 14 meses despois de que fora solicitada polo PSdeG

Apróbase a creación da comision de investigación das caixas galegas 14 meses despois de que fora solicitada polo PSdeG

Apróbase a creación da comision de investigación das caixas galegas 14 meses despois de que fora solicitada polo PSdeG

Losada asegura que para o PP non hai danos colaterais, “por eso queremos saber que son os responsables desta desfeita?”, e de que hoxe despois de ingresar case 3.500 millóns de euros públicos en NGB a valoración sexa de menos de 3.091 millóns de euros

Advirte que esta petición socialista “é traída ao parlamento con fórceps”, polo PP

Subliñou tamén que o Fiscal Xeral adiantounos nesta investigación e criticou “que os responsables das caixas compareceron na Comisión do Congreso antes que no Parlamento de Galicia”

Anunciou que reclamará a comparecencia de Feijoo nesta comisión

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada dixo que “o PP agocha algo”, sobre o proceso de fusión das caixas galegas. Subliñou tamén que o Fiscal Xeral adiantounos nesta investigación e criticou “que os responsables das caixas compareceron na Comisión do Congreso antes que no Parlamento de Galicia”.

Losada reclamou hoxe no Pleno do Parlamento a creación dunha Comisión de Investigación sobre a desaparición da caixa galega e o pago de indemnizacións millonarios aos seus directivos.

Na súa intervención dixo que a metáfora das caixas resúmese nunha foto na aparecen brindando con champan Julio Fernández Gayoso, Jose Luis Pego, Jose Luis Méndez e Mauro Varela, xunto co padriño da fusión das caixas Alberto Núñez Feijoo.

O responsable socialista aludiu ademais as informacións publicadas hoxe que sinalan que o FROB valora NGB en menos 3.091 millóns e aboca a caixa e accionistas a quedarse a cero. Por iso insistiu “a historia importa”.

Lembrou que o PSdeG rexistrou diversas iniciativas parlamentaria para debater sobre este asunto “pero o PP votou en contra”. Sinala que 24 horas despois de rexeitar novamente esta proposta socialista nun pleno dixo que “estaba disposto a crear a comisión de investigación no mes de agosto”. Advirte que esta petición socialista “é traída ao parlamento con fórceps”, polo PP.

Losada explicou ademais que a TVG informou nun Telexornal o 19 de novembro “o PSOE sumase a petición do PP para a creación dunha comisión de investigación das caixas galegas”. E puntualiza “hai que ser mentirosos, manipuladores e atentar contra a calidade democrática deste pais”. Afirma que quen se sumou a creación desta comisión pola presión social “foi o PP”.

O portavoz do Grupo Socialista asegura que para o PP non hai danos colaterais, “por eso queremos saber quen son os responsables desta desfeita?”, e de que hoxe despois de ingresar case 3.500 millóns de euros públicos en NGB a valoración sexa menos 3.091 millóns de euros”.

Aludiu aos danos colaterais como “pequenos aforradores estafados, desempregados das propias entidades financeiras, concellos sometidos a un sistema de exclusión financeira intolerable, concellos que carecen de servicios financeiros é unha obra social que desaparece”, pero de todo esto “Feijoo non dixo nin unha soa palabra”.

Losada sinala que a unica preocupación de Feijoo polo proceso de disolución das caixas galegas “foi enviarlle unha carta ao FROB para manifestarlle a súa preocupación pola aportacion dos 70 millóns de euros das grandes fortunas de Galicia”, espetou. E proseguiu “esta é a verdadeira orientación política de Feijoo e do PP”, e advertiu que a Feijoo e ao PP “non lle preocupan os 1.600 millóns de euros dos aforradores tanto en preferentes como en débeda subordinada, ou os milleiros de galegos que quedan desantendidos no rural”.

Acusou ao PP de mentir cando sinalou que a auditoría de KPMG foi entregada aos portavoces parlamentarios “falta a verdade, porque non foi entregada e polo tanto minte aos galegos”. E cualificou esta auditoría “como unha estafa e un engano”.

O portavoz socialista afirma que o proceso de capitalización seria mais lexitimado e mais sólido e tería mais posibilidades de futuro “se houbera mais transparencia”. E afirma que o padriño fundamental desta fusión “chamase Alberto Núñez Feijoo”.

Por último anunciou que reclamará a comparecencia de Feijoo nesta comisión.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar