Aprobado o calendario para as primarias e o Congreso Nacional do PSdeG

Aprobado o calendario para as primarias e o Congreso Nacional do PSdeG

Aprobado o calendario para as primarias e o Congreso Nacional do PSdeG

A Comisión Xestora do PSdeG vén de aprobar o calendario de primarias para a elección da secretaría xeral do partido en Galicia e o Congreso Nacional. O proceso dará comezo nada máis iniciarse o mes de setembro, co plazo de presentación de precandidaturas os días 4 e 5, e a xornada de votación de primarias será o 8 de outubro. Finalmente, o Congreso Nacional celebrarase na fin de semana do 27, 28 e 29 de outubro.

 

Os precandidatos terán desde o 7 ata o 20 de setembro para a recollida de avais, e os que acaden un 10% de respaldo da militancia serán proclamados candidatos, cun prazo para presentar recursos do 21 ao 25 de setembro. A campaña de información interna dos candidatos durará 12 días, do 26 de setembro ata o 7 de outubro.

 

Tras a xornada de votación de primarias do 8 de outubro será proclamado o novo secretario ou secretaria xeral, cun prazo para presentar recursos ata o 13 de outubro. Do 9 ao 12 de outubro celebraranse tamén as asembleas nas agrupacións de todo o territorio coa fin de elixir os delegados e delegadas para o Congreso Nacional e poder presentar emendas ao documento marco do Congreso, que se celebrará na fin de semana do 27, 28 e 29 de outubro para aprobar o proxecto político e elixir a nova dirección galega. A xestora galega terá unha nova xuntanza antes do inicio do proceso para establecer o baremo de delegados, o censo definitivo, o lema do Congreso e outras cuestións de organización.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar