Aprobado o calendario definitivo de primarias e as bases do XIII Congreso Ordinario

Aprobado o calendario definitivo de primarias e as bases do XIII Congreso Ordinario

Aprobado o calendario definitivo de primarias e as bases do XIII Congreso Ordinario

A Comisión Xestora do PSdeG-PSOE vén de aprobar o calendario definitivo e as bases para o XIII Congreso Ordinario do partido nunha xuntanza que tivo lugar na mañá de hoxe. O proceso dará comezo co plazo de presentación de precandidaturas os días 4 e 5, e a xornada de votación de primarias será o 8 de outubro e o Congreso Nacional celebrarase na fin de semana do 27, 28 e 29 dese mesmo mes.

Os precandidatos terán desde o 7 ata o 20 de setembro para a recollida de avais, e os que acaden un 10% de respaldo da militancia serán proclamados candidatos, cun prazo para presentar recursos do 21 ao 25 de setembro. A campaña de información interna dos candidatos desenvolverase do 26 de setembro ata o 7 de outubro.

Orde do día

Na xuntanza de hoxe foi aprobada a orde do día do XIII Congreso do PSdeG-PSOE, así como a composición e o censo, o mesmo que foi pechado o pasado 1 de abril na convocatoria do Congreso Federal.

Tamén foron aprobados os requisitos para a presentación de candidatos e o baremo para elixir delegados e delegadas ao Congreso, ademais doutros requisitos que rexerán o seu desenvolvemento. Os acordos aprobados nesta xuntanza serán trasladados a tódalas agrupacións socialistas o próximo luns.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar