Aprobada unha proposta socialista para que a Xunta presente a candidatura de Galicia como sede do Laboratorio de Bivalvos

Aprobada unha proposta socialista para que a Xunta presente a candidatura de Galicia como sede do Laboratorio de Bivalvos

Aprobada unha proposta socialista para que a Xunta presente a candidatura de Galicia como sede do Laboratorio de Bivalvos

A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe un acordo a raíz dunha proposta socialista para pedirlle á Xunta que se presente como candidata a acoller ao Laboratorio Comunitario de Control Bacteriolóxico de Bivalvos. O laboratorio, actualmente localizado na localidade inglesa de Weymouth, terá que buscar nova sede como consecuencia do brexit.

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamaba que a Xunta se presentara como “candidatura formal de España”, pero transaccionou coa Marea e o PP para matizar que constituíra “a mellor candidatura formal do Estado”. Explicou que “están de acordo en que sexa a mellor pero non a única candidatura, nós preferíamos que non houbera outros aspirantes no Estado, pero cedemos en aras do consenso”.

Sinalou a importancia que ten acoller un organismo deste tipo, que implica “máis acceso a fondos comunitarios de investigación, mellorando as condicións do persoal e o acceso a novas posibilidades”. Galicia conta, dixo, cunha “boa posición e un interese estratéxico” como unha das principais produtoras de bivalvos de toda a UE, malia que teña que enfrontarse a serios competidores como Francia e Holanda.

A presenza do citado laboratorio permitiría reforzar, explica, o peso galego no sector marítimo – pesqueiro en Europa e no mundo, xa apuntado coa presenza aquí da Axencia Europea de Pesca – Vigo -. Engade ademais que “existen centros de investigación relevantes xa en Galicia traballando en rede, co peso fundamental da Ría de Arousa polo seu volume produtivo”.

É o caso do Igafa, en A Illa, ou o Cima en Vilanova, en torno á referencia mundial do Intecmar situado en Vilaxoán, que “traballa temas similares ao laboratorio comunitario e contribuiría a reforzar o traballo conxunto e a calidade da produción científica, así como a súa aplicación á produtividade e desenvolvemento do sector”.

Este laboratorio permitiría polo tanto “aumentar exponencialmente a produción científica e aplicada do sector da investigación mariña, así como o impacto económico directo da presenza dunha Axencia Europea en Galicia”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a realizar todas as accións necesarias para constituír a mellor candidatura formal do Estado para que Galicia acolla o Laboratorio Comunitario de Control Bacteriolóxico de Bivalvos, definir a proposta concreta do concello candidato e constituír un grupo de traballo conxunto de todas as administracións implicadas –Estado, Comunidade Autónoma, Deputación Provincial e Concello- para traballar de maneira colaborativa en conquerir a chegada de dito laboratorio”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar