Aprobada unha proposta socialista para reforzar o Fondo de Compensación Interterritorial

Aprobada unha proposta socialista para reforzar o Fondo de Compensación Interterritorial

Aprobada unha proposta socialista para reforzar o Fondo de Compensación Interterritorial

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha moción socialista dirixida a reforzar o Fondo de Compensación Interterritorial e convertelo “nun instrumento potente de desenvolvemento rexional que poida compensar a eventual perda de fondos europeos”. O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, presentou esta iniciativa para recuperar os investimentos a niveis de hai dez anos.

Explicou que hoxe Galicia recibe apenas 44 millóns de euros que “non dan para montar unha estratexia”, logo de dez anos de que os fondos esmoreceran para ser substituídos polos fondos comunitarios. Hoxe estes fondos están a diminuír pero as necesidades de política rexional e os obxectivos de converxencia permanecen, polo que cumpre recuperar o FCI para paliar a caída de investimentos para as autonomías máis desfavorecidas.

Propuxo facer destas axudas un “instrumento potente de desenvolvemento rexional”, actualizando as bases de cálculo e os criterios de selección e de asignación de recursos das comunidades beneficiarias, para corrixir o reparto actual, no que segue beneficiando a autonomías que xa superaron as necesidades de converxencia.

Ademais propuxo unha continuidade plurianual, que permita establecer estratexias de investimento a medio prazo e liberar aos gobernos autonómicos da presión de acordar o reparto con carácter anual.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que, unha vez concluída a reforma do sistema de financiamento actualmente en proceso, demande do Goberno de España o inicio dun proceso de diálogo coas Comunidades Autónomas para a reforma legal do Fondo de Compensación Interterritorial, de xeito que a nova regulación contemple:

1. A transformación do actual FCI (Fondo xeral e Fondo complementario) nun instrumento potente de desenvolvemento rexional que poida compensar a eventual perda de fondos europeos.

2. O incremento substancial do volume de recursos a aplicar ao novo Fondo, de xeito que se estableza nunha porcentaxe do PIB que permita alcanzar como mínimo as dotacións do período 2000-2007.

3. A consideración do gasto non financeiro da Administración Xeral do Estado como base de cálculo, para elevar a estabilidade dinámica (reducir a variabilidade cíclica) do novo Fondo.

4. O criterio de selección das comunidades beneficiarias, que debe ser o nivel de renda por habitante inferior ao promedio español.

5. Unha reconsideración dos criterios de asignación dos recursos do novo Fondo entre as comunidades beneficiarias, que manteña un compoñente redistributivo (poboación ponderada pola inversa do nivel relativo da renda por habitante de cada comunidade) e un compoñente distributiva que inclúa variables territoriais que reflictan o asentamento poboacional.

6. O Consello de Política Fiscal ou Financeira ou organismo que o poida substituír establecerá as grandes liñas estratéxicas de actuación para o novo Fondo en cada período, compatibles coa planificación estratéxica das ccaa destinatarias do mesmo –establecida a partir das decisións de cada Parlamento-.

7. Incorporar unha ferramenta de avaliación exante e ex-post dos programas en que se concreta a estratexia de cada comunidade”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar