Aprobada unha proposta socialista reclamando medidas rápidas e eficaces contra a praga da pataca

Aprobada unha proposta socialista reclamando medidas rápidas e eficaces contra a praga da pataca

Aprobada unha proposta socialista reclamando medidas rápidas e eficaces contra a praga da pataca

A Comisión de Agricultura do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei do Grupo Socialista, transaccionada con outra de En Marea e unha emenda do PP, para reclamarlle ao Executivo “medidas eficaces e rápidas” para evitar a expansión da praga da pataca. O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, advertiu que as medidas tomadas ata o momento resultaron “insuficientes”.

O responsable socialista sinalou que as medidas técnicas tomadas ata o momento “non foron quén de frear” unha praga que dende 2015 pasou de afectar a un concello a expandirse ata 31 só en Galicia. Quiroga puxo o foco sobre o decreto que prepara o goberno central para advertir que “debe incorporar as especificidades do tecido socioeconómico do país”.

Neste sentido, sinalou que ademais das necesarias medidas aos grandes produtores, aos que si lles compensa polas perdas das súas plantacións, o Goberno debe ter en conta os pequenos produtores galegos que obteñen pequenos réditos das súas plantacións e sen os que será imposible controlar a expansión da praga.

Explicou que “quen estivo na xuntanza do director xeral en Madrid transmite que as indemnizacións previstas son manifestamente mellorables, xa que parece ser que se limitarán aos produtores que cumpriron con toda a normativa. Con esta decisión, explicou, deixan de lado a moitísima outra xente” que tamén produce pataca e que polo tanto é susceptible de prolongar a expansión da praga.

Instou ademais a “adoptar unha medida de libro que é meter máis pasta –orzamento- en investigación” para atopar solucións eficaces, e “pasar da campaña de información a través de charlas a unha fase máis profunda de sensibilización da poboación”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a

1. Creación dunha Comisión Técnica de Seguimento da couza da pataca na que estean representadas a Xunta de Galicia, a Fegamp, o Laboratorio Fitopatolóxico de Galicia e a IXP de Galicia, en relación coas medidas de control da praga, de accións informativas que se leven a cabo, así como da evolución do Decreto que prepara o Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

2. Que a Comisión Técnica informe informe por escrito á Comisión 7ª do Parlamento de Galicia e ás organizacións agrarias da súa actividade, de maneira especial sobre as medidas de control que se vaian adoptando, sobre os medios materiais e humanos de que se dispoña para a loita contra a couza guatemalteca.

3. Elaborar un informe escrito que deberá remitirse aos grupos parlamentarios sobre a avaliación das medidas de prevención adoptadas dende 2015 para evitar expansión da praga da couza guatemalteca

4. Instar ao Ministerio de Agricultura para axilizar aprobación do Decreto que recolla medidas eficaces e rápidas para evitar a expansión da praga.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar