Aprobada unha proposta socialista para pedir unha nova proposta de execución do Investimento Territorial Integrado

Aprobada unha proposta socialista para pedir unha nova proposta de execución do Investimento Territorial Integrado

Aprobada unha proposta socialista para pedir unha nova proposta de execución do Investimento Territorial Integrado

O Parlamento de Galicia aprobou unha proposta non de lei da portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, que insta á Xunta para que redirixa os fondos á estratexia do Investimento Territorial Integrado (ITI) na Unión Europea para que reverta a regresión demográfica en Galicia.

“Sen emprego de calidade non hai retorno da mocidade, métanllo na cabeza”, replicou Rodríguez que reclamou a necesidade de dar oportunidades laborais dignas á mocidade e en especial no mundo rural. “Despois de nove anos Feijóo non o tivo en conta e os datos son os que son”, sentenciou a socialista.

Lembrou que Ourense é a primeira provincia do Estado que consta con máis xubilados que cotizantes, segundo datos da Seguridade Social. As comarcas rurais e interiores de Galicia son as que máis están a padecer este descenso demográfico acentuadas polo plan da Xunta en materia demográfica.

A proposta aprobada hoxe reclámalle á Xunta que realice unha proposta de aplicación de fondos na estratexia de Investimento Territorial Integrado para “axudar a reverter a situación de regresión demográfica significativa nas que están moitas das comarcas galegas”.

Concellos

A responsable socialista presentou tamén unha proposición non de Lei na que presentou a mesma proposta aprobada pola Fegamp cos votos favorables tamén do PP para reclamarlle á Xunta un estudo sobre o custo dos servizos prestados polos concellos financiados parcialmente por transferencias da Xunta. Amosou a súa sorpresa polo veto do PP a unha iniciativa que si que apoiaron na Fegamp.

Rodríguez Rumbo reclamoulle ao goberno galego “financiamento estable que garanta o funcionamento permanente e axeitado deses servizos”, que non poden afrontar polas restricións orzamentarias impostas polo goberno.

Os socialistas galegos reclamaron nesta proposta que a xunta amplíe a partida para servizos locais básicos, dende os 2,2 millóns cos que conta actualmente, e que resulta “totalmente insuficiente” ata os 3,8 millóns de euros cos que finalmente contou no ano pasado. Ademais, reivindicou “unha convocatoria inmediata de subvención pública en concorrencia competitiva, con criterios obxectivos, do cen por cen dos fondos”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a considerar, de cara ao período post 2020, unha proposta de aplicación de fondos na estratexia do Investimento Territorial Integrado, co obxectivo de axudar a reverter a situación de regresión demográfica significativa nas que están moitas das comarcas galegas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar