Aprobada unha proposta socialista para suprimir o voto rogado na emigración

Aprobada unha proposta socialista para suprimir o voto rogado na emigración

Aprobada unha proposta socialista para suprimir o voto rogado na emigración

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha proposta socialista para pedirlle ao Goberno a modificación da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral –Loreg- suprimindo o voto rogado dos emigrantes e instaurar o voto en urna. A responsable socialista sinalou que o modelo actual resulta “discriminatorio e inxusto”.

 

A iniciativa socialista diríxese á Xunta para que esta á súa vez pida do Goberno central a reforma da Loreg para establecer as máximas garantías no voto dos emigrantes e mesmo “establecendo circunscricións electorais no exterior que faciliten a representación directa dos emigrantes”. Explicou neste sentido que “o voto en urna solo será unha realidade cando existan circunscricións electorais da emigración”.

 

Soneira salientou que eliminando o voto rogado dáselle resposta á vontade do Consejo General de la Ciudadanía Española en el Exterior, que mesmo escenificou un plante aos representantes dos partidos políticos ao sentirse “cidadáns de segunda”. Dixo que “cumpre buscarlle solución a este erro que non ten conseguido ningún dos fins previstos e ten inflixido a centos de milleiros de españois un agravio nos seus dereitos”.

 

A parlamentaria socialista explicou que o voto rogado “non ten nada que ver co voto por correo existente en España” xa que “ningún español do exterior pode presentarse nun consulado a depositar o voto sen ter rogado previamente o voto e tivera recibido, das xuntas electorais radicadas en cada provincia española, a  documentación electoral  necesaria”. Sinalou que este proceso produce inseguridade xurídica nos trámites de envío e recepción da documentación.

 

Explicou que os emigrantes están a ser “vítimas” das fallas no Censo de Residentes Ausentes –CERA- por parte dos gobernos, ao que responderon “impedíndolles na práctica o exercicio de voto, fundamental en democracia”, e lembrou que actualmente hai en España “persoas condenadas en firme por delito electoral, sen que iso implique restrición de dereitos para os cidadáns se non a condena do infractor”.

 

 

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

 

O Parlamento insta a Xunta de Galicia a dirixirse o Goberno Central para que, en relación co exercicio do dereito a voto dos españois residentes no exterior, promova a modificación da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral para que:

 

1.-  Os  cidadáns españois residentes no exterior dispoñan das mesmas condicións, para exercer o seu dereito a voto que o resto de cidadáns, suprimindo a obrigatoriedade de “rogar”  o voto.

 

2.- Estableza as condicións que fagan posible o voto presencial, en urna, dos electores residentes no exterior,  co establecemento de colexios electorais o máis próximos posible ao seu lugar de residencia, tales como casas e centros españois,  centros rexionais,   oficinas dependentes do Goberno  e das comunidades autónomas no Exterior, así como nos buques mercantes e de pesca, de altura e gran altura, de bandeira española, que na xornada electoral se atopen en alta mar.

 

3.- Estableza os mecanismos técnicos e legais que permitan a actualización permanente do Censo de Españois Residentes Ausentes (CERA) para que reflicta, fidedignamente, o padrón dos españois residentes no exterior.

 

4.- Se adecúen os prazos do proceso electoral no exterior a realidade xeográfica e  social   dos países de residencia.

 

5.- Introduza o voto electrónico como mellor e máis axeitada fórmula para o exercicio do dereito constitucional a votar, tanto para os residentes no exterior como para os traballadores do mar e outros colectivos que, por razón de residencia ou traballo, se atopen fora do territorio nacional durante a xornada de votación.

 

6.- Se busquen as fórmulas xurídicas e políticas que fagan posible, no seu caso, o establecemento de circunscricións electorais  no exterior que faciliten a representación directa dos residentes no exterior e o voto persoal en urna.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar