Aprobada unha proposta socialista para suprimir o "roaming" telefónico na fronteira con Portugal

Aprobada unha proposta socialista para suprimir o "roaming" telefónico na fronteira con Portugal

Aprobada unha proposta socialista para suprimir o "roaming" telefónico na fronteira con Portugal

O Pleno do Parlamento aprobou unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para suprimir o roaming ou cobro de itinerancia telefónica entre países da UE que prexudica aos residentes nas zonas transfronteirizas. A proposta foi presentada pola portavoz de Asuntos Europeos do Grupo Socialista, Noela Blanco, na Cámara autonómica.

A responsable socialista presentou esta iniciativa para defender ás 116.000 persoas que residen na raia con Portugal en 22 concellos das provincias de Pontevedra e Ourense, e que ven cómo os saltos aleatorios de operador telefónico entre os dous países derivan en tarifas telefónicas abusivas.

Acusou ao PP de “xogar ao si pero non”, ao votar pola eliminación do roaming na UE, pero “cando chegaba a hora de fixar unha data ou de pactar unha redución de prezos, negábase utilizando as reunións técnicas con idénticas escusas que as compañías de telecomunicacións españolas”.

Por iso anunciou unha “férrea vixilancia” diante do cumprimento deste acordo para a supresión do roaming na fronteira como paso previo á desaparición da tarifa en 2017 asinada o pasado 30 de xuño, un acordo “insuficiente porque non da unha solución a curto prazo aos residentes das poboacións transfronteirizas”.

Criticou o “desleixo ás relacións co país veciño” por parte do goberno galego, que reduciu un 90 por cento os orzamentos da Eurorrexión dende 2009 e de quen “ten como única concepción de relacións transfronteirizas ir a comprar toallas e comer bacallau a Portugal”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

1. Demandar ao Goberno de España que solicite ao Consello de Europa que no acordo acadado se inclúa a anulación de forma sistemática do cobramento do mesmo aos cidadáns empadroados nas poboacións galegas transfronteirizas situadas na zona estimada de invasión das redes.
2. Demandar ao Goberno de España que solicite ao Consello de Europa que adiante a supresión de cobro do roaming aos residentes das poboacións transfronteirizas de Galicia co Norte de Portugal como paso previo á desaparición desta tarifa no ano 2017”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar