Aprobada unha proposta socialista para rexenerar a praia de Carabuxeira e apuntalar o muro de contención

Aprobada unha proposta socialista para rexenerar a praia de Carabuxeira e apuntalar o muro de contención

Aprobada unha proposta socialista para rexenerar a praia de Carabuxeira e apuntalar o muro de contención

A Comisión de Medio Ambiente do Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que leve adiante, antes do remate de xuño, a recuperación da praia da Carabuxeira –Sanxenxo- e o muro de contención das vivendas que dan á praia.

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, criticou o “exercicio de cinismo” por parte do PP, que logo de 18 anos de ter provocado o “desastre medioambiental” da construción do dique de abrigo do porto deportivo, que provocou a desaparición da praia, en só un mes pasaron de votar en contra a apoiar esta iniciativa.

Vilán sinalou que o único que cambio neste período foi que o novo alcalde da localidade, Telmo Martín, presentou a rexeneración da praia como primeiro compromiso do seu goberno, conseguido despois dunha moción de censura.

A responsable socialista lembra que o xerme desta situación foi a construción dunha ampliación do Porto, solicitada por Portos de Galicia, e que incluía 110 metros adicionais non previstos e que foron declarados ilegais. O resultado foi a drenaxe da praia, que quedou sen area poñendo en perigo as cimentacións do muro e das vivendas que lindan coa praia.

Por iso reclamoulle ao goberno galego que realice as obras necesarias para a recuperación e rexeneración da praia e o reforzo do muro, ademais de pedirlle ao goberno central que faga o mesmo dentro das súas competencias, coas medidas necesarias para evitar o deterioro desta área.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

A) O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

1. Que, antes do remate do primeiro semestre de 2017, acometa, no ámbito das súas competencias propias, as obras para a recuperación e rexeneración da praia da Carabuxeira –Sanxenxo-, o seu entorno natural –incluída a praia de Lavapanos-, o muro de contención e as vivendas colindantes.

B) O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia para que se dirixa ao Goberno do Estado e inste a que:

1. No ámbito das competencias estatais, e antes do remate do primeiro semestre de 2017, acometa as obras necesarias para a recuperación e rexeneración.
2. Adopte as medidas correctoras tendentes a evitar o progresivo deterioro de aporte de area á mencionada fachada marítima, previo estudo de impacto ambiental.
3. Inclúa nos orzamentos para 2017 unha partida orzamentaria específica ou, no seu defecto, proceda á inmediata execución do aval de 901.518,16 euros que leva anos depositado polo Concello de Sanxenxo en mans da Administración de Costas do Estado.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar