Aprobada unha proposta socialista para resolver os problemas da Edar de Ribeira

Aprobada unha proposta socialista para resolver os problemas da Edar de Ribeira

Aprobada unha proposta socialista para resolver os problemas da Edar de Ribeira

A Comisión de Obras Públicas e Medio Ambiente do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para esixir unha solución á Edar de Couso, en Ribeira, antes do verán. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, urxiu á conselleira de Medio Ambiente a que cumpra co seu compromiso cos veciños e visite as instalacións canto antes.

Vilán criticou que na pasada sesión plenaria a conselleira respondera aos socialistas e aos veciños que asistiron ao Parlamento negando os problemas desta instalación, unha das tres edares máis urxentes que aínda están pendentes en Galicia, xunto coas de Sanxenxo e Poio. A conselleira foi convidada a visitar Ribeira polos afectados, polo que a deputada socialista instouna a “darse un paseo” pola vila e ver as consecuencias desta instalación.

A pésima situación e o mal funcionamento dos tanques de tormenta, o mal funcionamento dos bombeos, as emanacións nos sifóns pola mala instalación dos colectores, os vertidos ao mar de lixo e augas mal depuradas, dixo, suscitaron xa 475 denuncias por problemas de salubridade en só seis meses. A responsable socialista alerta ademais de medicións moi altas de ácido sulfhídrico, mesmo fora de rango.

Estas augas, dixo, emiten tal “cheiro” que obrigan aos veciños a abandonar as súas residencias e ameazan unha zona de gran valor natural, xa que as augas van dar a unha zona situada entre os parques naturais de Corrubedo e Illas Atlánticas. Tal é así que durante os últimos seis meses, resumiu, “xerou gran alarma social, múltiples queixas dos veciños, terribles olores e problemas de saúde derivados da toxicidade das augas”.

Criticou que a Xunta teña respondido primeiro negando os feitos e segundo anunciando un “seguimento exhaustivo” das instalacións por parte de, ironizou, “alguén sen vista ou sen olfato, polo que cremos que é mellor que llelo encarguen a outros”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

1. Esixir do Goberno do Estado que, neste primeiro semestre de 2017, se tomen as medidas necesarias para solucionar os problemas da Edar en probas de Ribeira.
2. Non recepcionar a obra por parte de Augas de Galicia ata que se solucionen efectiva e definitivamente estes problemas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar