Aprobada unha proposta socialista para reparar o enlace da N-640 co acceso á AP-53 na Estrada

Aprobada unha proposta socialista para reparar o enlace da N-640 co acceso á AP-53 na Estrada

Aprobada unha proposta socialista para reparar o enlace da N-640 co acceso á AP-53 na Estrada

autoestrada_AP53A Comisión de Obras Públicas do Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para a reparación do entronque da N-640 co vial de acceso á AP-53 no Concello de A Estrada. O deputado socialista Pablo García advertiu que actualmente a conexión resulta “imposible” para autobuses e vehículos pesados.

O deputado socialista cualificou de “chapuza” a situación actual, que fai impracticable o acceso destes vehículos ao vial en A Rocha, dende A Estrada, onde teñen que percorrer 600 metros de pistas de concentración parcelaria, cun enlace en curva e con pendente que o fai impracticable, e que os obriga a desviarse ao enlace de Chapa, en Silleda.

Esta situación, que se remonta a unha planificación “pésima” das obras que comezaron hai máis dunha década, co daquela conselleiro de Política Territorial Alberto Núñez Feijóo. As obras remataron no ano 2010, e xa en 2011 o propio goberno galego recoñecía os problemas do trazado, “sen que ata o momento teñan transcendido máis noticias nin avances.

García urxiu ao goberno a resolver esta situación por canto se trata do único enlace deste Concello de máis de 20.000 habitantes coa autoestrada dentro do seu territorio, provocando importantes dificultades para o transporte de entrada e de saída, “prexudicando claramente á distribución do sector do moble local, motor económico do territorio”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

- “O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a esixir do Ministerio de Fomento que exerza as accións precisas para a reparación do entronque da N-640 co vial de acceso á AP-53, a fin de que poida ser utilizado con garantías de seguridade por vehículos pesados e, en xeral, polos veciños e veciñas do concello de A Estrada –Pontevedra-”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar