Aprobada unha proposta socialista para que a Xunta sancione as cláusulas chan

Aprobada unha proposta socialista para que a Xunta sancione as cláusulas chan

AbancaA Comisión de Economía do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposta socialista para reiterarlle á Xunta a petición para que sancione a través do Instituto Galego de Consumo –IGC- ás entidades bancarias que continúen aplicando cláusulas chan, declaradas abusivas en 2013.

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, lembrou que, malia que determinadas entidades bancarias retiraron as ditas cláusulas ás hipotecas, aínda hai entidades que se resisten a cumprir coas sentenzas do Tribunal Supremo de 2013 declarándoas abusivas. Mesmo, advertiu, obrigan aos usuarios a asinar declaracións específicas aceptando as cláusulas ou os obrigan a renunciar aos seus dereitos.

O responsable socialista lembra que a Xunta ten a capacidade de impoñer sancións a través do IGC de entre 3.001 e 15.000 euros pola imposición de cláusulas abusivas. Sen embargo, o ente “non ten feito absolutamente nada” na defensa destes usuarios e esixiulle que “tome en serio” estes casos, logo de constatar “moita preocupación polos motores diésel pero nin unha soa palabra na súa web sobre cláusulas chan”.

Advertiu que os tribunais europeos están a dar a razón da eliminación das cláusulas dende a sinatura do contrato e non dende o momento de aprobación da sentenza, como sucedía con Abanca.

Acordo

A proposta aprobada hoxe pídelle á Xunta que cumpra cun acordo previo do Parlamento de Galicia, aprobado en outubro de 2014, momento dende o que, lamentou González Santín, a Xunta fixo caso omiso tanto do mandato do Parlamento como da súa obriga de defender aos galegos e galegas. Aquela proposta reclamaba sancións ás entidades e cobertura aos afectados.

O responsable socialista denuncia que as medidas tomadas pola administración autonómica tanto dende o momento da sentenza do Tribunal Supremo en contra das cláusulas como dende a aprobación da proposta no Parlamento “foron cero”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a cumprir o acordo plenario da Cámara galega de data 28 de outubro de 2014”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar