Aprobada unha proposta socialista para que a Xunta regule as medidas de seguridade para a pesca deportiva

Aprobada unha proposta socialista para que a Xunta regule as medidas de seguridade para a pesca deportiva

Aprobada unha proposta socialista para que a Xunta regule as medidas de seguridade para a pesca deportiva

Marisol Soneira lembra que en Galicia perden a vida cada ano entre 10 e 15 afeccionados á pesca deportiva

A comisión de Pesca do Parlamento aprobou por unanimidade unha proposta socialista para que a Xunta regule as medidas de seguridade necesarias para a pesca deportiva. Esta iniciativa foi presentada pola portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, quen lembrou que cada ano perden a vida en Galicia entre 10 e 15 persoas pola práctica desta actividade.

A responsable socialista sinalou que mentres a pesca deportiva a flote ten reguladas as condicións de seguridade esixibles, non pasa o mesmo no caso da pesca dende terra, que “está baleira de normas de obrigado cumprimento que fagan posible a mellora da seguridade dos afeccionados e a súa localización en caso de accidente”.

Soneira salientou a necesidade do uso de chaleco salvavidas homologado, que impide o afundimento, facilita a localización visual e abriga ao usuario, o uso de casco de protección para a cabeza, especialmente necesario nas rochas, e un localizador para situacións de emerxencia. Sinalou que o chaleco con localizador supón un desembolso de 300 euros “que poden salvar unha vida”.

Estas medidas aceleran o operativo incrementando as posibilidades de rescate con vida e mesmo, nos casos de traxedia, aforran días de incertidume á familia, permitindo encontrar os supostos corpos nun tempo mínimo, e mesmo supoñen un aforro no operativo de rescate, xa que a saída dun helicóptero supón o custe de 6.000 euros á hora, sen contar o operativo de Protección Civil.

Lembrou que a maioría dos colectivos implicados recomendan e mesmo solicitan a aplicación destas medidas, malia o que aceptou a transacción desta iniciativa cos demais grupos para instar á Xunta que constitúa un grupo de traballo nun prazo de 3 meses para abordar a regulamentación das medidas de seguridade a aplicar.

Texto da iniciativa:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a constituír un grupo de traballo, nun prazo non superior a tres meses, do que formen parte os grupos parlamentarios con representación na Cámara lexislativa galega, a Consellería do Medio Rural e do Mar e as asociacións máis representativas en materia de pesca deportiva, a Federación e Pesca e outros colectivos afectados, para abordar a regulamentación en materia de medidas de seguridade neste ámbito”

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar