Aprobada unha proposta socialista para garantir accesibilidade ás resolucións xudiciais

Aprobada unha proposta socialista para garantir accesibilidade ás resolucións xudiciais

Aprobada unha proposta socialista para garantir accesibilidade ás resolucións xudiciais

A Comisión de Xustiza do Parlamento aprobou hoxe unha proposta socialista dirixida a aplicar medidas que garantan a accesibilidade sensorial e cognitiva ás resolucións xudiciais. A portavoz de Xustiza, Patricia Vilán, advertiu que o mundo da xustiza, “especialmente farragoso coa linguaxe”, supón un serio obstáculo para as persoas coas facultades intelectuais limitadas.

Esta proposta está dirixida, explicou, a persoas con discapacidade intelectual, persoas maiores coas facultades mermadas, poboación inmigrante con escaso dominio do idioma, persoas sen estudos “que non saben ler nin escribir”, e mesmo “toda a poboación cando se enfronta a textos de certa especialización e complexidade técnica”.

Sinalou a iniciativa piloto dos xulgados de Familia de Oviedo, que teñen implantado o método de Lectura Fácil para achegar as resolucións á cidadanía, garantindo unha mellor comprensión dos termos xurídicos.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que solicite ao órgano de goberno dos xulgados e tribunais, en colaboración coa administración de Xustiza, a futura elaboración dun protocolo de actuación que serva para avaliar a aplicación de medidas que garantan a accesibilidade sensorial e cognitiva ás resolucións xudiciais (no formato habitual de redacción e nun modelo adaptado, que permite unha mellor comprensión dos termos xurídicos) en situacións de discapacidade intelectual, con relación a persoas maiores que vén mermadas algunhas facultades intelectuais polo paso da idade, á poboación inmigrante con escaso dominio do idioma, a persoas sen estudos que non saben ler nin escribir e, por extensión, a toda a poboación cando se enfronta a textos xudiciais de certa especialización e complexidade técnica, coa colaboración das administracións públicas, das organizacións máis representativas, profesionais, e dos órganos xurisdiccionais responsables do proceso xudicial”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar