Aprobada unha proposta socialista para dotar ao Consello de Contas de competencias contra a corrupción

Aprobada unha proposta socialista para dotar ao Consello de Contas de competencias contra a corrupción

Aprobada unha proposta socialista para dotar ao Consello de Contas de competencias contra a corrupción

Consello de ContasO Pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade as propostas de Resolución presentadas polos socialistas ao informe de fiscalización presentado polo Consello de Contas, na que lle reclaman á Xunta que presente en tres meses un informe sobre novas medidas de loita contra a corrupción a través deste ente.

O informe incorporou finalmente as catro propostas de Resolución presentadas polos socialistas no Pleno, que sen embargo votaron en contra da conta xeral correspondente aos anos 2011 – 2012, xa que, explicou González Santín, “as contas non reflicten unha imaxe fiel da situación económico – financeira da Xunta de Galicia”.

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión do Consello de Contas, Juan Carlos González Santín, explicou que esta proposta, dirixida a “promover a máxima transparencia das contas públicas e dos informes económico – financeiros”, debe incorporar unha estimación dos custes necesarios “coa participación do propio Consello de Contas”.

O responsable socialista explicou que deste xeito queren que sexa o propio Consello de Contas quen faga unha estimación do incremento orzamentario que necesita para asumir as súas novas funcións. Lembrou que o PP votou en contra dunha emenda socialista aos orzamentos para destinarlle 3 millóns de euros adicionais ao ente fiscalizador, duplicando o seu orzamento, para permitir o seu traballo na loita contra a corrupción.

Entre as catro propostas de Resolución presentadas polos socialistas e aprobadas no Pleno de hoxe incluíuse a solicitude ao goberno galego dun informe urxente sobre “as posibles funcións que se deben encomendar ao Consello de Contas en relación coa prevención e loita contra a corrupción, facendo unha estimación dos custes necesarios para a posta en marcha das medidas propostas”.

Tamén foi aprobada unha proposta de Resolución para que o goberno galego recolla o inventario de bens do sector público autonómico, xa que, explicou González Santín, “unha xestión adecuada debe partir de coñecer os bens da nosa Comunidade Autónoma”.

Tamén foi aprobada unha Resolución socialista para que o cosnello de Contas realice un “seguimento e fiscalización das contratacións realizadas no eido informático”. Reclama neste sentido unha “valoración de cuestións como obxectivos previstos e resultados acadados, así como en termos de calidade e acreditación dos servizos prestados en relación cos fondos utilizados”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar