Aprobada unha proposta socialista para desbloquear a saída sur ferroviaria de Vigo e quitar a liña do centro de Porriño

Aprobada unha proposta socialista para desbloquear a saída sur ferroviaria de Vigo e quitar a liña do centro de Porriño

Aprobada unha proposta socialista para desbloquear a saída sur ferroviaria de Vigo e quitar a liña do centro de Porriño

A Comisión de Infraestruturas do Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista dirixida a desbloquear a Saída sur ferroviaria de Vigo e desprazar o tren do centro de Porriño. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo que o proxecto permitiría conectar toda a franxa atlántica cunha liña ferroviaria de altas prestacións conectada coa Meseta a través de Cerdedo.

O deputado socialista esixiulle ao PP a “demostrar que o seu voto ten valor e que non é un novo brinde ao sol”. Apelou á lóxica e tamén á seguridade para defender unha infraestrutura que permitiría quitar do centro de Porriño unha liña cun paso a nivel con alta intensidade de tráfico e que no pasado mes de setembro rexistrou un accidente no que faleceron catro persoas.

Acusou ao PP e ao goberno central de manter conxelado, durante oito anos en Galicia e catro en Madrid, de forma “incomprensible” o proxecto para modificar o trazado e conectar así toda a franxa atlántica galega coa liña ferroviaria de altas prestacións de Portugal conectando A Coruña – Lisboa – Sines. Permitiría así absorber todo o tráfico ferroviario e Oporto e “corrixir a anomalía da conformación da rede de AVE de Galicia”.

Persistir no erro

Dixo que o goberno galego “persistiu no erro” conformado polo daquela presidente da Xunta, Manuel Fraga, e os conselleiros de Política Territorial Xosé Cuíña e posteriormente Alberto Núñez Feijóo, que coa “submisión” da alcaldesa de Vigo, Corina Porro, decidiron en 2001 que a conexión do AVE de Vigo coa Meseta tivera que pasar a través de Santiago de Compostela.

Losada considera “inexplicable” que para viaxar ao sur “o maior núcleo demográfico de Galicia ten que viaxar 100 quilómetros ao norte, o que prexudica notablemente á poboación de Portugal”, aos 600.000 veciños e veciñas de Vigo e por extensión a toda a eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

-Que demande ao Goberno de España, a continuación dos trámites administrativos e técnicos necesarios para afrontar a construción da coñecida como Saída sur ferroviaria da cidade de Vigo, que implique o desvío do paso do tren polo centro de Porriño.

-Demandar que esta nova infraestrutura teña prestacións de alta velocidade e que se coordine co goberno portugués”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar