Aprobada unha proposta socialista para controlar a nutrición dos pacientes atendidos na sanidade pública

Aprobada unha proposta socialista para controlar a nutrición dos pacientes atendidos na sanidade pública

Aprobada unha proposta socialista para controlar a nutrición dos pacientes atendidos na sanidade pública

A Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista dirixida a controlar o estado nutricional dos pacientes atendidos na sanidade pública. O portavoz de Sanidade, Julio Torrado, advertiu que o 23,7 por cento dos pacientes atendidos nos hospitais padecen desnutrición hospitalaria, o 37 por cento no caso dos maiores de 70 anos.

O responsable socialista advertiu que os problemas nutricionais relacionados coa enfermidade traen problemas asociados, como prolongar a súa estadía hospitalaria, dispara a taxa de reingresos, ou incrementa a morbilidade.

Alertou da escasa atención sanitaria a este fenómeno, derivado das “deficiencias na detección e tratamento da desnutrición”, pero que afortunadamente pode ser mellorado “con medidas cun custe moi limitado”. Mellorando este aspecto, dixo, aumentarían a calidade asistencial, a eficacia dos tratamentos, a duración e a prevención de posibles recaídas.

A proposta aprobada hoxe pídelle á Xunta que estableza un protocolo de seguimento nutricional, que será incluído na historia clínica, establecer plans individualizados nos pacientes diagnosticados en risco nutricional, e desenvolver un programa de formación para profesionais sanitarios.

Inclúe establecer un control específico da calidade da alimentación recibida polos pacientes en cada centro hospitalario, e un protocolo de avaliación da inxesta de alimentos por parte dos pacientes.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

1. Establecer un protocolo de cribado nutricional que sistematice os procesos de obtención de información, baseado nas seguintes cuestións:
a. Os elementos básicos a coñecer serán: índice de masa corporal actual; perda de peso recente non voluntaria; coñecemento da inxesta alimentaria recente.
b. A utilización deste protocolo estará incluído nos obxectivos de calidade de cada centro sanitario.
c. O resultado do cribado deberá ser rexistrado na historia clínica do e da paciente, co fin de ter información continuada.
Este protocolo será de aplicación especial no caso do seguimento de pacientes pediátricos.

2. Establecer un plan de coidados individualizados nos e nas pacientes diagnosticados en risco nutricional.
3. Desenvolver un programa de formación para profesionais sanitarios sobre os diferentes métodos de avaliación de estado nutricional, e a repercusión sobre o estado do e da paciente en termos de recuperación e non recaída.
4. Someter a control específico de cada centro hospitalario am calidade da alimentación recibida polos e polas pacientes a través do servizo de cociña.
5. Implantar un protocolo de avaliación da inxesta de alimentos por parte dos e das pacientes ingresadas, para coñecer a súa evolución nutricional durante a súa estancia nos centros sanitarios”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar