Aprobada unha proposta socialista para compatibilizar pensións e dereitos de autor

Aprobada unha proposta socialista para compatibilizar pensións e dereitos de autor

Pleno del parlamento

Pleno del parlamento

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei presentada polos socialistas para pedirlle ao Goberno central que permita compatibilizar as pensións cos ingresos por dereitos de autor. O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou ao PP de “expropiar os dereitos de propiedade intelectual”.

Lembra que, de acordo co Real Decreto Lei 15/2013, cando un creador xubilado perciba por enriba os 9.080 euros anuais en concepto de ingresos pola súa actividade creadora deberá darse de alta como autónomo e polo tanto perderá a súa pensión. Méndez Romeu considera esta norma “innecesaria” por canto supón un “efecto recadatorio mínimo” ao tempo que demostra un “claro menosprezo pola creación intelectual”.

O responsable socialista advirte que a medida resulta “lesiva” para máis de 100.000 persoas en toda España e lembra o peso da industria cultural, que supón o 3,5 por cento do PIB estatal, onde da traballo a 500.000 persoas, e o 2 por cento en Galicia, onde da traballo a 30.000 persoas.

Méndez Romeu tildou a medida de “dislate” e unha “medida absurda que desprestixia ao goberno”, que impulsa a amnistía fiscal dos grandes defraudadores mentres “castiga” aos autores. Lembrou que en España hoxe en día “as pensións son compatibles coas rendas por propiedades inmobiliarias, cos dividendos por valores bursátiles ou con plans de pensións pero non cos dereitos de autor”.

Avogou por defender a cultura como “expresión máxima da liberdade, a liberdade de creación” a través dun “paso pequeno pero importante para garantir a liberdade de creación dos autores e artistas”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España:

1. A modificación normativa necesaria para permitir a compatibilidade da percepción das pensións coas derivadas dos dereitos de autor.

2. A abordar copas organizacións representativas do sector e coas entidades de xestión dos dereitos de autor, un “Estatuto do Creador/a” que contemple os diferentes tipos de situacións profesionais e os correspondentes mecanismos de protección social como salvagarda dos dereitos dos creadores/as”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar