Aprobada unha proposta socialista para ampliar a protección a menores vítimas de maltrato

Aprobada unha proposta socialista para ampliar a protección a menores vítimas de maltrato

Aprobada unha proposta socialista para ampliar a protección a menores vítimas de maltrato

Carmen Gallego debate Estado AutonomíaO Pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha moción socialista para ampliar a protección aos menores vítimas de malos tratos e establecer un protocolo de coordinación interinstitucional obrigatorio. A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, presentou esta iniciativa na que o PP vetou aumentar os recursos do Imelga especializados no maltrato á infancia e crear xulgados especializados para procedementos penais e civís.

Gallego explicou que esta proposta traslada as recomendacións presentadas pola Asociación Galega de Loita contra o Maltrato a Menores para garantir unha protección universal aos menores vítimas de maltrato cun apoio especializado, eficaz e coordinado entre os diferentes niveis administrativos.

Alertou que, actualmente, “polos bordes do sistema cólanse casos desesperados de nais que ven con impotencia cómo a administración non as atende cando as vidas dos seus fillos e fillas están en risco”.

A deputada socialista explicou que a proposta parte de ampliar a protección a tódalas vítimas menores de idade “aínda que non se atopen en situación de desamparo”, xa que actualmente “en Galicia só se atende ás vítimas menores que se atopen en desamparo”. Tamén reclama que, tanto dende a Xunta como dende o goberno central, tódolos menores sexan considerados vítimas de violencia machista cando as súas nais o sexan.

Ademais, reclama un protocolo de coordinación interinstitucional obrigatorio, tal e como reclama o Observatorio Estatal da Infancia, que garanta o carácter científico de tódalas medidas e actuacións a levar a cabo, priorice o interese superior do menor e obrigue a que tódolos profesionais que interveñan no proceso de estean especializados.

Lembrou os casos “dolorosos” relatados pola Asociación, como é que os psicólogos teñan que contar co consentimento dos presuntos agresores para avaliar aos nenos e nenas. Tamén inclúe a garantía de coordinación multisectorial, e que os servizos teñan carácter público, para evitar as irregularidades provocadas pla privatización destes servizos, permitindo a coincidencia entre maltratadores e maltratados.

A proposta socialista propón ademais que o Goberno galego impulse, en colaboración cos colexios de avogados, a creación da quenda de oficio especializada no maltrato infantil. Finalmente propón a posta en marcha de liñas de investigación sobre maltrato infantil en colaboración coas universidades galegas.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

A) O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

1. Considerar dentro do actual sistema de protección á infancia a todas as vítimas menores de idade aínda que non se atopen en situación de desamparo.

2. Garantir que todos os menores sexan considerados vítimas de violencia machista cando as súas nais o sexan.

3. Aprobar un protocolo de coordinación interinstitucional, en colaboración coas demais administracións que contemple cando menos os seguintes principios:

a) Garantía do carácter científico de todas as medidas e actuacións a levar a cabo.
b) Priorización do interese superior da persoa menor.
c) Especialización de todos os e as profesionais que teñen que intervir nos distintos momentos do proceso de protección de menores maltratados e na prevención e denuncia.
d) Garantía de coordinación multisectorial.
e) Carácter público dos servizos.
f) Carácter obrigatorio das disposicións contidas no protocolo.

4. Impulsar, en colaboración cos colexios da avogacía, a creación no turno de oficio da especialización no maltrato infantil.

5. Poñer en marcha, en colaboración coas universidades galegas, liñas de investigación sobre o maltrato infantil (etioloxía, estatística, socioloxía, criminalística, avaliación, tratamento, repercusión a medio e longo prazo nos diversos ámbitos da saúde, etc.) e promover o debate científico.

B) O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado a garantir que todos os menores sexan considerados vítimas de violencia machista cando as súas nais o sexan.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar