Aprobada unha proposta socialista para abrir o diálogo entre Xunta e Fegamp

Aprobada unha proposta socialista para abrir o diálogo entre Xunta e Fegamp

Aprobada unha proposta socialista para abrir o diálogo entre Xunta e Fegamp

Méndez Romeu PlenoA Comisión de Economía do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta a negociar coa Fegamp a mellora do proceso de concesión de subvencións aos concellos. O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, explicou que o proceso tal e como está concibido xera graves “problemas de xestión” nas administracións locais.

A proposta reclama un procedemento de convocatoria e xustificación das subvencións “máis áxil, eficiente e rápido” para garantir o rápido cofinanciamento e execución das axudas. O responsable socialista aceptou unha emenda do PP, que impediu pedirlle ao goberno publicar as resolucións no primeiro semestre do ano, para “primar a constitución dun marco de diálogo que fixar os límites do diálogo”.

Méndez Romeu cualificou de “pouco serio” o veto do PP a establecer dito límite, e mesmo recoñeceu que “o sentido común aconsellaría non tomala en consideración”. Engadiu sen embargo que “logo de terme queixado ao presidente –na última sesión de control do Parlamento- da falla de diálogo coa Fegamp que non podemos rexeitar unha mínima invitación” a abrir as conversas.

Execución orzamentaria

Os socialistas reclamaron fixar o límite no primeiro semestre por canto actualmente a Xunta pecha o exercicio contable a 15 de outubro, provocando “elevadas contías sen executar”, que chegaron a 114 millóns de euros no ano 2014. Estas únense á drástica redución dos créditos do goberno galego, que dende a chegada de Feijóo reduciunos nun 43 por cento.

Méndez Romeu presentou as cifras de execución destas contías sen executar por consellerías, que van dende o 10 por cento de Traballo e Benestar ao 60 por cento de Educación, pasando polo 18 pro cento de Economía, o 19 por cento de Vicepresidencia, o 35 por cento de Territorio e o 39 por cento de Medio Rural.

A situación, unida aos retrasos nos pagamentos procedentes do goberno galego, fai “imposible manter equipos profesionais estables e manter os servizos en funcionamento dentro da legalidade”.

Subvencións finalistas

O responsable socialista lembrou no debate a demanda da propia Fegamp de cambiar as subvencións finalistas por axudas incondicionadas para permitir maior flexibilidade nunhas axudas escasas, con baixa execución por parte da Xunta e que provocan unha “precariedade absoluta e extraordinariamente grave no caso dos Servizos Sociais.

Advertiu que os concellos galegos teñen actualmente un total de 90 liñas de subvención do goberno galego de carácter finalista con tramitacións, requisitos e prazos completamente diferentes en moitos casos para subvencións “extraordinariamente baixas”. Puxo como exemplo a liña de axuda para fondos bibliográficos das bibliotecas municipais, cun montante de 276 euros anuais de subvención.

Estas cifras, explicou, “non se corresponden coa carga de traballo e o custe da tramitación” para acceder a unhas axudas cando en moitos casos supón mais investimento o papeleo que o montante final.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a negociar coa Fegamp un procedemento de convocatoria e xustificación de subvencións máis áxil, eficiente e rápido, de xeito que as resolucións correspondentes sexan publicadas canto antes e que faciliten o cofinanciamento de proxectos e a pronta execución dos mesmos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar