Aprobada unha proposta para reclamar a sinalización de bateas perigosas para a navegación

Aprobada unha proposta para reclamar a sinalización de bateas perigosas para a navegación

Aprobada unha proposta para reclamar a sinalización de bateas perigosas para a navegación

A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que realice a sinalización “de bateas e outros artefactos flotantes que impliquen risco para a navegación”. A portavoz de Pesca, Loli Toja, presentou esta iniciativa dirixida a prever accidentes como o afundimento do “Nuevo Marcos”, no mes de abril en Combarro.

A responsable socialista afeoulle ao goberno galego que teña sen executar o plan de sinalización de bateas anunciado en 2015 e que debera rematar en 2016, e criticou que “actúan a remolque, tarde, mal e arrastro” en cuestións de seguridade. Lembrou mesmo que a Consellería do Mar xa tivera anunciado en 209 un investimento de 1,5 millóns para instalar 105 sinais nas rías, pero “apenas se instalaron”.

Sinalou que “existe unha necesidade de investimentos en prevención de accidentes e seguridade marítima” que no caso das bateas e demais artefactos situados nas rías galegas afecta directamente a en torno a 4.000 embarcacións de baixura, con “moitos milleiros de persoas faenando en augas interiores sometidas a este potencial perigo”. Actualmente hai “3.300 artefactos estimados nas rías galegas, máis de 3.000 nas rías de Arousa, Pontevedra e Vigo”.

Urxiu a realizar esta sinalización preventiva para esquivar este perigo potencial que podería ter evitado sinistros como o do Nuevo Marcos, “afundido en abril con fatais consecuencias logo de colisionar cunha batea apouco máis de 800 metros do porto”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a realizar, á maior brevidade, as xestións necesarias co Goberno do Estado para poder acometer, entre outras medidas, a sinalización de bateas e outros artefactos flotantes que impliquen risco para a navegación, coa finalidade de previr accidentes por causa do impacto contra elementos flotantes”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar