Aprobada unha proposta do PSdeG para reactivar e consensuar o novo Plan Forestal

Aprobada unha proposta do PSdeG para reactivar e consensuar o novo Plan Forestal

Aprobada unha proposta do PSdeG para reactivar e consensuar o novo Plan Forestal

O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha moción do Grupo Socialista para reactivar o novo Plan Forestal, que leva “agochado nos despachos” dende se coñeceu o seu borrador no pasado mes de xuño. O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, presentou esta iniciativa dirixida a “cambiar a planificación e xestión do monte galego”.

A proposta aprobada no Parlamento insta a consensuar o borrador do Plan Forestal, que resulta “crucial para facerlle fronte con garantías á ameaza do lume”, co sector relacionado co mundo forestal e cos grupos parlamentarios. Instou a “comezar o proceso de participación, mellora e adaptación ás necesidades socioeconómicas, culturais e medioambientais de Galicia”.

Advirte que o actual Plan Forestal, vixente dende o ano 92, demostrouse “desfasado” e ten deixado paso a unha xestión das masas forestais “cun interese unicamente comercial”, incapaz de afrontar a falla de planificación, o abandono do rural e a redución da actividade agropecuaria. Aí radica, dixo, a explicación ao “descontrol e desbordamento” de plantacións de eucalipto ou piñeiros “sen corte social, medioambiental ou de prevención dos incendios”.

Sinalou que “non vale andar con parches”, en alusión á regulación da Lei de Montes de 2012, a proposta de directrices para a revisión do Plan Forestal en 2015 ou diversos decretos que regulan a xestión forestal e que considera “ocorrentes para salvar unha situación puntual, pero que fracasan no plantexamento global”.

Sinalou que actualmente en Galicia hai 2,1 millóns de hectáreas de superficie forestal, das que 1,5 están ocupadas por bosques e distintos cultivos silvícolas, e implica a 3.000 empresas e en torno a 70.000 postos de traballo directos e indirectos para producir máis da metade da madeira para transformación do Estado.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-O Parlamento insta ao Goberno galego a:

1º) Presentar o borrador do Plan forestal sen máis dilacións ao sector implicado e relacionado co mundo forestal (empresas, asociacións profesionais relacionadas coa silvicultura, madeira e bosques, asociacións ecoloxistas e medioambientalistas, universidades, sindicatos agrarios, Consello forestal e aos grupos parlamentarios, cando menos), para comezar co proceso de participación, mellora e adaptación ás necesidades socioeconómicas, culturais e medioambientais de Galicia.

2º) Establecer un protocolo de actuación e calendario para o seu estudo, achegas e conclusións.

3º) Efectuar unha rápida avaliación dos incendios forestais dende a aprobación do anterior plan forestal e incorporar as súas conclusións ao proceso de elaboración do actual.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar