Aprobada unha proposta para pedirlle á Xunta unha guía que leve a perspectiva de xénero á planificación urbanística

Aprobada unha proposta para pedirlle á Xunta unha guía que leve a perspectiva de xénero á planificación urbanística

Aprobada unha proposta para pedirlle á Xunta unha guía que leve a perspectiva de xénero á planificación urbanística

A Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha iniciativa socialista para aplicar a perspectiva de xénero ao desenvolvemento urbanístico. A portavoz de Urbanismo e Igualdade do Grupo Socialista, María Pierres, presentou esta proposta para reclamarlle á Xunta un documento – guía que sirva de base para os procesos de creación ou modificación dos ámbitos urbanos.

Pierres sinalou que “é hora de que o territorio que habitamos escoite e faga partícipes ás mulleres, para que nun futuro próximo ningunha muller teña que dar volta nunha rúa, praza ou parque pola convicción de que non facelo atenta claramente contra a súa seguridade”.

Advertiu que “onde un home ve un paso baixo unha estrada como unha mellora da seguridade viaria, unha muller a ve tamén como unha ameaza”, e advertiu que “non hai muller galega que non sentise medo, nalgún momento, ao volver de noite á súa casa”. Sinalou así que o planeamento das cidades “precisa da implicación principal das mulleres como usuarias e como axentes activos no deseño”.

Engadiu que “introducir a perspectiva de xénero no urbanismo galego supón derribar os medos de mulleres, nenos e nenas, e dos maiores, así como a súa vulnerabilidade ao percorrer as súas cidades ou vilas”.

Apuntou así medidas como “mellorar a iluminación, remodelar os espazos que quedan arrinconados ou facer as beirarrúas máis anchas”, así como transparencia e claridade nos accesos a garaxes, uso de espellos, boa sinalización e amplos campos de vista en todos os espazos comúns.

Reclamou neste sentido incorporar a seguridade no espazo público e comunitario en equipamentos e transporte, así como considerar a estas persoas máis vulnerables como “axentes urbanos preferentes” á hora de plantexar iniciativas da realidade urbana. Solicitou “potenciar cidades vivas, controlables polos propios veciños e veciñas, non acaparadas pola circulación, ben sinalizadas e de clara escritura”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a elaborar un documento guía que sirva de base e ferramenta para todos os técnicos e técnicas involucradas nos procesos de creación de novos ámbitos urbanos ou rexeneración dos existentes, co fin de impulsar a obriga de integrar a perspectiva de xénero en todas as fases do proceso urbanístico, desde o deseño, a participación, a planificación e a execución, ata a avaliación e o seguimento”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar