Aprobada unha proposta para garantir dereito á xustiza durante a dixitalización do servizo

Aprobada unha proposta para garantir dereito á xustiza durante a dixitalización do servizo

Aprobada unha proposta para garantir dereito á xustiza durante a dixitalización do servizo

A Comisión de Xustiza do Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposta socialista para que a Xunta constitúa comisións de seguimento que garantan os dereitos á tutela xudicial efectiva e á seguridade xurídica no proceso de dixitalización da xustiza.

A proposta foi presentada pola portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, quen advertiu das eivas provocadas polo proceso de notificacións telemáticas a través do sistema LexNet, posto en marcha o ano pasado, pola falla de medios persoais e materiais.

Vilán sinalou que o volume de incidencias chega a tal nivel que “quizais aconsellen un período de transición no que se poida simultanear a presentación telemática coa realizada en papel ata que se garanta o correcto funcionamento do LexNet”, que sen embargo foi vetada polo PP.

A responsable sinalou que o sistema “falla en multitude de ocasións”, quedando colgado por exemplo durante toda a mañá, o que fai imposible responder a unha demanda ou presentar recurso, ou obrigando aos procuradores a agardar ata a tarde.

Explicou que a modernización da xustiza supón “imprescindible” á hora de garantir o dereito á tutela efectiva dos dereitos individuais diante dos tribunais, pero os problemas no proceso están a poñer en perigo precisamente o exercicio daqueles dereitos. Así, sinala, cumpre unha nova versión do modelo de xestión dos xulgados –o Minerva-, ou a dixitalización dos atestados.

Reclamou investimento en formación dos funcionarios, que a día de hoxe “non poden utilizar o sistema dixital de compresión de arquivos zip”, mentres a Fiscalía utiliza un modelo incompatible co LexNet, e os xulgados continúan imprimindo todo o que é presentado telematicamente.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a constituír comisións de seguimento en Galicia para evitar que se poidan poñer en perigo os dereitos á tutela xudicial efectiva e á seguridade xurídica”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar