Aprobada unha proposta para garantir accesibilidade ás instalacións deportivas

Aprobada unha proposta para garantir accesibilidade ás instalacións deportivas

Aprobada unha proposta para garantir accesibilidade ás instalacións deportivas

discapacitadosA Comisión de Política Social do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que cumpra coa Lei e garanta a accesibilidade ás instalacións deportivas antes de 2020. A portavoz de Deporte do Grupo Socialista, Carmen Acuña, lamentou a “falla de empatía e sensibilidade” de Feijóo e do goberno galego, polo seu incumprimento da Lei de Accesibilidade.

Acuña reclamoulle ao goberno galego “que cumpra coa Lei” e que priorice o acceso ás persoas con diversidade funcional ás instalacións deportivas, e criticou que a secretaria xeral do Deporte “prefira pasearse do ganchete dos candidatos do PP prometendo pistas de pádel ou campos de herba”.

A deputada socialista advertiu que en torno ao 30 por cento da poboación padece algún tipo de limitación motora, sensorial, psíquica, temporal por causa de accidentes ou enfermidades ou mesmo por causa da idade.

Estas persoas, que tamén teñen dereito a utilizar as instalacións deportivas públicas, vense discriminadas a diario con barreiras arquitectónicas “que non se superan coa simple instalación dunha rampiña de acceso”. Explicou que ás dificultades de acceso ás instalacións súmanse os problemas para subir as gradas, utilizar os cuartos de baño ou mesmo practicar a actividade deportiva.

Iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao goberno galego a que de forma inmediata habilite as medidas necesarias para poder suprimir as barreiras arquitectónicas nas infraestruturas deportivas de titularidade pública antes do ano 2020, tal e como esixe a normativa vixente”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar