Aprobada unha proposta para garantir a viabilidade do sistema de Seguridade Social

Aprobada unha proposta para garantir a viabilidade do sistema de Seguridade Social

Aprobada unha proposta para garantir a viabilidade do sistema de Seguridade Social

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha proposta do Grupo Socialista para reclamarlle ao goberno central medidas urxentes, no seo do Pacto de Toledo, para garantir a viabilidade do sistema da Seguridade Social. O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, advertiu que a “falla de realismo continuado” nas previsións orzamentarias do PP e o recurso ao Fondo de Reserva provocará que este non chegue ao remate de 2017.

O responsable socialista lembrou que si en 2011 o Fondo de Reserva ascendía a 67.000 millóns de euros para afrontar posibles desfases, a finais de 2015 viuse reducido a 32.480, logo de que o goberno de Rajoy retirara 47.201 millóns de euros, e 13.250 só en 2015, cando prevén detraer de novo un mínimo de 6.300 no ano 2016.

A redución imparable destes fondos fan que os beneficios que xeran sexan menores, ao tempo que o ritmo de reposición é menor por canto os salarios máis baixos supoñen aportacións menores e os novos pensionistas teñen dereito a unhas pensións superiores daqueles que abandonan o sistema.

Alertou de que “se non tomamos medidas o sistema entrará en déficit”, tal e como anunciou o pasado mércores o presidente da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal –AIREF-, que alertou dos desaxustes nos ingresos previstos nos orzamentos do goberno de Rajoy, que presenta uns ingresos por cotizacións “pouco cribles”.

Chamou a “buscar solucións e afrontar con seriedade o problema da Seguridade Social antes de que nos atropelle”. Puntualizou que “o que queremos é un sistema público da Seguridade Social” e advertiu que “no momento en que falle será cando fagan o seu agosto os plans privados de pensións”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a que se dirixa ao Goberno de España para que tome as medidas necesarias co fin de manter a sostenibilidade do Sistema da Seguridade Social”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar