Aprobada unha moción socialista para garantir a competitividade de Alcoa en Galicia

Aprobada unha moción socialista para garantir a competitividade de Alcoa en Galicia

Aprobada unha moción socialista para garantir a competitividade de Alcoa en Galicia

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha moción presentada polo Grupo Socialista para que o Goberno impulse a minoración dos prezos da electricidade para as grandes empresas. O portavoz de Economía, Industria e I+D, José Luis Méndez Romeu, impulsou esta iniciativa dirixida a “garantir a competitividade” das plantas de Alcoa en Galicia.

http://www.customessaywritingservicess.com

O responsable socialista reclamou á Xunta que defenda unha redución dos custes da electricidade de Alcoa para garantir a competitividade das dúas plantas coas que conta en Galicia –San Cibrao e A Coruña-. Dixo que deste acordo “depende a posible evolución dos prezos para esta e outras grandes empresas consumidoras de enerxía” e supón un “respaldo á factoría”.

Salientou a importancia desta factoría, que supón unha cuarta parte dos empregos de toda a Mariña luguesa, xera unha terceira parte do PIB da provincia e a totalidade do tráfico portuario de San Cibrao, que ascende a 7,5 toneladas métricas ao ano. Tamén lembrou a situación da planta da Coruña, que ten presentado un ERE que foi “adiado pero non  retirado”.

Reclamou ao goberno galego que faga “todo o posible para que o Ministerio de Industria considere tamén os intereses industriais de Galicia”, que “non foron tidos en conta no último Real Decreto Lei” 1/2012 que paralizou o desenvolvemento da enerxía eólica en Galicia. Advertiu que destes prezos depende en boa parte a competitividade da factoría e a súa viabilidade en Galicia, e considerouno “un paso na dirección correcta”.

Sinalou que o problema do custe da enerxía “obedece en grande medida a decisións políticas” xa que, explicou, 60 de cada 100 euros “dependen das tarifas de acceso fixadas polo goberno nun delicado proceso de arbitraxe entre os distintos intereses en xogo”. Lembrou que o actual custe foi fixado por Rato como ministro de Industria nun decreto asinado en 2001, incluíndo 14 conceptos distintos para fixar os prezos.

Neste sentido reclamoulle á Xunta que faga valer diante do Goberno central o carácter de potencia produtora “da que non se benefician os consumidores galegos” no prezo final polo servizo. Lembrou que Galicia xera o 9 por cento da produción enerxética de España, ten o 10 por cento de potencia instalada e aporta o 20 por cento da enerxía renovable.

Iniciativa

A iniciativa aprobada hoxe, e que foi transaccionada co Grupo Popular, insta á Xunta a dirixirse ao Goberno de España para impulsar “un acordo urxente de prezos entre as empresas produtoras de electricidade e os grandes consumidores”. Reclama “unha minoración dos –prezos- actualmente vixentes ata o 31 de decembro, e un horizonte superior a 5 anos, que faga posible o desenvolvemento dos plans estratéxicos das industrias afectadas”.

A proposta especifica a posta en valor do “carácter estratéxico das plantas de Alcoa en Galicia, pola súa produción en alumina e aluminio, pola súa achega ao valor engadido e polo volume de emprego creado”.

Tamén reclama “unha revisión das tarifas de acceso para os grandes consumidores de enerxía que inclúan só e exclusivamente os custes asociados ás redes e aos de operación do sistema”. Finalmente, reclama “que se manteña o servizo de xestión de interrumpibilidade da demanda”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

O Parlamento de Galicia  insta o Goberno galego a:

 

1.º) Trasladar ao Goberno de España a recomendación de impulsar un acordo urxente de prezos entre as empresas produtoras de electricidade e os grandes consumidores, que implique unha minoración dos actualmente vixentes ata 31 de decembro, e un horizonte superior a cinco anos, que faga posible o  desenvolvemento dos plans estratéxicos das industrias afectadas.

 

2.º) Unha revisión das tarifas de acceso para os grandes consumidores de enerxía que inclúan só e exclusivamente os custes asociados ás redes e aos de operación do sistema.

 

3.º) Que se manteña o servizo de xestión de interrumpibilidade da demanda.

 

4.º) Poñer en valor o carácter estratéxico das plantas de  Alcoa en Galicia, pola súa produción de alumina e aluminio, polo súa achega ao valor engadido e polo volume de emprego xerado.

zp8497586rq
zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar