Aprobada unha iniciativa socialista que pide ampliar o límite de peso do transporte de madeira en rolo por estrada

Aprobada unha iniciativa socialista que pide ampliar o límite de peso do transporte de madeira en rolo por estrada

Aprobada unha iniciativa socialista que pide ampliar o límite de peso do transporte de madeira en rolo por estrada

A Comisión de Agricultura do Parlamento aprobou hoxe unha iniciativa socialista para pedirlle ao goberno central que amplíe o límite de peso no transporte de madeira en rolo por estrada. Os socialistas reclaman ampliar o máximo de 40 toneladas actual ata as 48 toneladas nos vehículos de 5 eixes e as 57 para os de 6 eixes.

O responsable socialista solicita a modificación do Real decreto 2822/1998 que regula estes parámetros e permita unha excepcionalidade no caso dos vehículos destinados ao transporte de madeira en rolo.

García lembra que a lexislación comunitaria, a través da Directiva 96/53/CE, permite establecer excepcións ás limitacións nestes transportes, para que os estados membros poidan permitir, dentro do seu territorio, “distintas dimensións entre as que cita expresamente á explotación e á industria forestal”.

O deputado socialista explicou que diversos países membros “están aplicando as excepcións recollidas na lexislación europea no que se refire ao transporte de madeira en rolo por estrada”. Isto provoca que España “non sexa competitiva a nivel do mercado da madeira en comparación con outros países da UE, dada a importancia que ten o transporte no cómputo final dos custes de explotación”.

A iniciativa foi aprobada por unanimidade logo de que o deputado socialista rexeitara unha proposta de emenda presentada polo PP, que pretendía encadrar esta modificación dentro dunha modificación xeral das medidas e taras xerais para o transporte xeral.

O Deputado Socialista recriminou o Grupo Popular o descoñecemento do tema, xa que o que se trata é de excepcionar este tipo de transporte para o sector forestal, xa que é un transporte especial e que polo tanto “como así o entende toda Europa e excepcional, debería resulta obvio que non é o mesmo ir cargar madeira a un monte que transportar outro tipo de mercadorías que non se cargan no medio dun monte”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado a modificación do Real decreto 2822/1998, de tal forma que se faga unha excepción aos vehículos destinados ao transporte de madeira en rolo, cun máximo de 48 toneladas para 5 eixes e 57 toneladas para 6 eixes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar