Aprobada unha iniciativa socialista para que a Xunta cumpra coa Lei de iIgualdade de trato e non discrimianción de LGTBI

Aprobada unha iniciativa socialista para que a Xunta cumpra coa Lei de iIgualdade de trato e non discrimianción de LGTBI

Aprobada unha iniciativa socialista para que a Xunta cumpra coa Lei de iIgualdade de trato e non discrimianción de LGTBI

Bandeira LGTBO Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que “cumpra coa Lei de Igualdade de Trato e non discriminación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais” que foi aprobada no Parlamento hai un ano.

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, defendeu esta proposta e acusou ao goberno galego de aprobar a Lei no seu día “cun efecto propagandístico e publicitario” facendo da norma un mero efecto “estético que queren gardar nun caixón para que non volva xurdir”. Dixo que a Xunta “ten a obriga de cumprir” as leis aprobadas na Cámara autonómica.

Instou ao PP a “facer algo mais que dar un voto estético” e acusounos de “pintar unha realidade que non existe e vir a defender a un goberno ausente no debate, que non puxo nada da súa parte para empezar a aplicar a Lei en todo un ano de vixencia”. Criticou o interese da Xunta de “aprobar moitas leis” por un mero efecto estatístico, esquecendo que “teñen a obriga de cumprilas”.

Gallego puxo exemplos de aspectos da Lei que poden ser cumpridos sen necesitar ningún soporte orzamentario ou ferramenta xurídica, como é a divulgación da información ou establecer un diálogo fluído cos colectivos LGTBI, malia o que “non mantiveron a día de hoxe nin unha soa reunión cos colectivos galegos”.

Tampouco executaron as accións formativas previstas para o persoal sanitario nin a asistencia ás vítimas da violencia, mentres “neste ano puidemos ver diversos episodios de violencia homófoba en Galicia, como os reflectidos na cidade de A Coruña, no que o colectivo foi atacado con ovos e a policía impediulles impoñer denuncia “porque non lles deran”.

Tampouco garantiu información sobre a realidade homosexual, intersexual ou transexual, mentres os profesionais sanitarios que atenden estes casos diagnostican trastornos de personalidade en lugar de ofrecer o necesario tratamento hormonal.

Nin sequera foron cumpridas as medidas previstas para fomentar a educación da cidadanía a través dos medios de comunicación, cando o propio goberno galego “ofreceu unha sangrante campaña do Día da Familia na que amosa o esterotipo dun papá unha mamá, un avó e avoa e un neno e unha nena, agochando que hai familias con dous papás, dúas mamás, ou rapaces homo ou intersexuais”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

1. Iniciar un proceso de diálogo coas organizacións LGTBI galegas, concellos e outras administracións públicas a fin de realizar o desenvolvemento regulamentario da Lei 2/2014.

2. Con carácter de urxencia aprobar, de acordo coas organizacións de LGTBI, familias, comunidade educativa e sanitaria os protocolos de actuación necesarios para:

- Divulgar as distintas realidades afectivo – sexuais e de xénero e os distintos modelos familiares, a efectos de garantir o pleno gozo do dereitos das persoas LGTBI e o libre desenvolvemento da súa personalidade no ámbito familiar e entre as Anpas.

- Garantir a atención terapéutica e sanitaria das prácticas e terapias relacionadas coa transexualidade e intersexualidade en todo o ámbito sanitario público, de conformidade co establecido no artigo 20 da LGTBI.

3. Garantir a formación continua e obrigatoria de todo o persoal sanitario en materia de diversidade afectivo sexual, tanto no ámbito público como privado ou concertado.

4. promover campañas e cursos de formación sobre os aspectos e necesidades específicas das persoas LGTBI no ámbito sanitario.

5. Incluír a realidade LGTBI nos contidos transversais da formación de todo o alumnado de Galicia.

6. Establecer actividades de formación para o persoal docente e incorporar a realidade LGTBI aos plans de estudio.

7. Previo acordo coas corporacións locais respectivas, poñer en funcionamento nos centros de información, atención, orientación e asesoramento xa existentes, unha liña específica de atención para o colectivo LGTBI que se desenvolverá regulamentariamente”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar