Aprobada unha iniciativa socialista para permitir a venda directa de aves de curral e coellos sacrificados en explotación

Aprobada unha iniciativa socialista para permitir a venda directa de aves de curral e coellos sacrificados en explotación

Pablo García advirte que a prohibición imposta en todo o Estado vai contra unha directiva da UE de 1990.

A Comisión de Agricultura do Parlamento aprobou unha iniciativa socialista para permitir a venda directa de aves de curral e coellos sacrificados en explotación. A iniciativa presentada polo portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, e que recolle as demandas das cooperativas galegas de cunicultura como Cunigalicia, será presentada tamén no Congreso.

O responsable socialista advirte que “en ningún caso o regulamento da UE que regula a produción e comercio de carne de coello e caza de cría impón a prohibición” imposta no Estado para impedir o seu sacrificio e venda directa nas explotacións. Advirte que “todo o contrario, establece a obriga de regular este tipo de vendas, determinando que deben ser aceptadas, adoptando as medidas precisas de hixiene alimentaria”.

Por este motivo presentou a iniciativa, aprobada hoxe, que insta á Xunta a trasladarlle ao goberno central “a necesidade de modificar o Real Decreto 640/2006, en concreto no referido á prohibición da venda directa de aves de curral e lagomorfos sacrificados en explotación”.

Dito real decreto impide a autorización de matadoiros e venda de coellos en explotación e limita o seu uso “para uso doméstico privado”. Esta limitación está a lastrar ao sector cunícula galego, que “veu experimentando un descenso nos prezos pagados en lonxa, os cales veñen estando repetidamente por debaixo dos custes de produción”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que adopte as medidas necesarias e en todo caso traslade ao Ministerio de Agricultura e ao Ministerio de Sanidade a necesidade de modificar o Real decreto 640/2006 do 26 de maio, en concreto no referido á prohibición en España da venda directa de aves de curral e lagomorfos sacrificados en explotación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar