Aprobada unha iniciativa socialista para pedir un Plan de Viabilidade da obra social das caixas

Aprobada unha iniciativa socialista para pedir un Plan de Viabilidade da obra social das caixas

Aprobada unha iniciativa socialista para pedir un Plan de Viabilidade da obra social das caixas

A Comisión de Economía do Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de Lei para quea Xunta acade un plan “que garanta a viabilidade a longo prazo da obra benéfico – social das antigas caixas de aforros galegas priorizando o mantemento do emprego”. A iniciativa, presentada polo portavoz de Facenda, Juan Carlos González Santín, foi transaccionada con outra proposta do BNG.

Os socialistas reclamaron un Plan de Viabilidade que faga posible o mantemento da obra social das extintas caixas galegas co obxectivo de preservar tanto os traballadores como o patrimonio das entidades, así como a súa importante labor no tecido social e económico de Galicia. Acusou ao goberno galego de incitar a fusión das entidades que rematou coa desaparición das entidades.

González Santín dixo que os responsables da dirección das entidades provocaron grave problemas de solvencia mentres “expoliaban” os aforros dos galegos para levarse “indemnizacións millonarias” ao abandonar as entidades. Esta “mala xestión” tivo “consecuencias moi graves no tecido produtivo galego e sobre a poboación”.

Citou así a “estafa masiva das participacións preferentes e subordinadas”, coa que os bancos “enganaron ás familias dicindo que os seus aforros estaban a bo recaudo cando a realidade era que estaban investindo en activos tóxicos”. Ademais, provocou a perda de 4.500 postos de traballo e o peche de 950 oficinas, coa exclusión financeira dunha cuarta parte dos concellos galegos nos que eran as únicas entidades con presenza física.

O parlamentario socialista dixo que estas entidades canalizaban o 50 por cento do aforro galego, mentres o 22 por cento dos seus clientes atópanse por debaixo do salario mínimo interprofesional, conceden créditos ao 90 por cento das pequenas e medianas empresas galegas e impulsan o 60 por cento do capital risco de Galicia.

Á difícil situación das entidades súmase unha “situación aínda mais crítica” da obra social, que se enfronta á desaparición das entidades galegas do seu capital logo da intervención do FROB. Lembrou o papel desta obra social, que afecta a 25.000 empregos indirectos en toda Galicia e que xestionou un dividendo social de 1.000 millóns en dez anos.

Sinalou que o papel da obra social abrangue o financiamento de 13 centros de maiores para 50.000 socios, ou a participación de mais de 100.000 persoas en programas de envellecemento activo. Lembrou a contribución para subvencionar estancias en xeriátricos por mais de 750.000 euros en 2012, as 950 prazas de atención á dependencia ou o apoio a mais de 55.000 persoas para os comedores sociais.

Explicou que mais de 800 alumnos foron formados cada ano nos tres centros de FP, 113.000 socios se benefician das súas bibliotecas, forma a mais de 700 persoas en másteres e posgraos na Escola de Negocios, apoia a diversas ONGs, ou aos 130.000 escolares que participaron nas diversas actividades educativas, didácticas e medio ambientais, así como o apoio a diversas disciplinas artísticas e culturais.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

O Parlamento insta á Xunta de Galicia a:

1.- solicitar da Fundación de carácter especial Novacaixagalicia a elaboración no máis breve prazo de tempo posible dun plan que garanta a viabilidade a longo prazo da obra benéfico social das antigas caixas de aforros galegas priorizando o mantemento de emprego.

2.- A defender a continuidade da participación accionarial de Novacaixagalicia en Novagalicia Banco acorde co valor do negocio e a actividade financeira traspasada para garantir a pervivencia da importante obra social que beneficia a miles de persoas maiores dependentes, estudantes, inmigrantes e a infancia.

3.- Se insta a Xunta de Galicia a analizar a constitucionalidade da nova normativa estatal sobre caixas de aforro para no caso de que se vulneren as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia se proceda a plantexar recurso.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar