Aprobada unha iniciativa socialista para modificar a valoración catastral de solo recualificado

Aprobada unha iniciativa socialista para modificar a valoración catastral de solo recualificado

Aprobada unha iniciativa socialista para modificar a valoración catastral de solo recualificado

Juan Carlos González SantínA Comisión de Economía aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedirlle ao goberno que modifique de oficio a valoración catastral dos solos urbanizables pendentes do planeamento de desenvolvemento do plan xeral de ordenación municipal, tal e como vén de respaldar o Tribunal Supremo.

Juan Carlos González Santín reclamoulle ao goberno que deixe de cobrarlle aos propietarios duns terreos que foron recualificados como urbanizables e taxados por enriba do seu valor real de mercado con fins meramente recadatorios. González Santín explicou que, paradoxalmente, os solos non poden ser utilizados como solares urbanizables por canto están pendentes do desenvolvemento do plan xeral polo goberno.

Engadiu que, a raíz dunha sentenza do Tribunal Superior de Estremadura de 2013, o Tribunal Supremo sentou doutrina a favor dos propietarios que denunciaron, eximíndoos de pagar o IBI por solo urbanizable ata o momento en que non se desenvolvera os correspondentes PXOMs.

Isto supón que “calquera persoa que reclame nos tribunais terá a razón”, si ben o goberno négase a aplicar a sentenza de oficio, senón que “obriga aos propietarios a solicitar a aplicación diante dos xulgados, afrontando as correspondentes taxas xudiciais”. Cualificou de “ridículo” obrigar ás vítimas desta inxustiza a ter que iniciar o procedemento e afrontar os custes do xuízo.

O responsable socialista criticou que o PP teña presentado unha emenda á iniciativa “para que as vítimas teñan que pagar ata que se solucione a situación”, confirmando o carácter recadatorio desta medida, como demostra que as mais de 900.000 parcelas afectadas en todo o Estado supoñan uns ingresos de 4.500 millóns de euros para a administración.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno do Estado a:

1º. Que o Ministerio de Facenda axilice a reforma do texto refundido da Lei de Catastro Inmobiliario, a fin de recoller novos criterios de clasificación e valoración coa finalidade de armonizar as clasificacións do solo entre a lexislación urbanística e catastral, tal e como se ten o solicitado polo Parlamento de Galicia e a Comisión Técnica de Cooperación Catastral.

2º. Ata o momento no que se armonicen as clasificacións, se desenvolvan por parte do Ministerio de Facenda a modificación de oficio das valoracións catastrais destes solos de acordo cos criterios fixados pola sentenza do Tribunal Supremo do 30 de maio de 2014, para que non se produzan tributacións inxustas, desacordes co valor dos bens.”

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar