Aprobada unha iniciativa socialista para mellorar a conexión entre o centro de Santiago e a Cidade da Cultura

Aprobada unha iniciativa socialista para mellorar a conexión entre o centro de Santiago e a Cidade da Cultura

Aprobada unha iniciativa socialista para mellorar a conexión entre o centro de Santiago e a Cidade da Cultura

O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Xoaquín Fernández Leiceaga interveu na Comisión 4ª do Parlamento para reclamar, mediante unha proposición, ao Goberno de Feijoo posibilitar unha adecuada conexión peonil entre o ámbito urbano de Santiago de Compostela e a Cidade da Cultura. Solicita tamén colaborar co Concello de Santiago para favorecer as conexións por medio do sistema de autobuses urbanos. E instalar un sistema de transporte especializado vía teleférico entre a cidade histórica, a estación intermodal e a Cidade da Cultura. A proposta foi transacionada e aprobada.

O deputado compostelán lembrou na súa intervención que esta obra naceu da man do Ex-Presidente Manuel Fraga “nunha época de fastos”, e do que Fraga foi “ou seu impulsor e contratador”. E cualifica de “fracaso colectivo” o futuro deste proxecto.

Dixo que dende o PSdeG “entendemos que é prioritario facer rendible os investimentos que están feitos”, e insistiu “é o mais sensato e ser respectuosos cos intereses dos cidadáns de Galicia”. Nese senso emprazou ao Goberno de Feijoo a “non comezar ningunha ampliación mais na Cidade da Cultura mentres non haxa unha adecuada explotación do que xa esta construído”.

Da Biblioteca dixo que “non é mais que un almacén de libros”, e que xunto co edifico do Arquivo “non son os elementos mais adecuados para encher a Cidade da Cultura”.
Por iso reclamou ademais “repensar a función do Museo”, neste punto lembra unha iniciativa do PSdeG “para enriquecer o que xa hai”.

Advirte que “este espacio debería ter unha programación con características especiais”, co fin de encher de visitantes este complexo. Explica tamén que a iniciativa do teleférico “permitiría levar a moitos turistas ao Gaias, sendo ademais unha atracción turística en si mesma”.

Por iso replica que sobre o teleférico “non coñecemos moi ben a postura do PP”, xa que advirte que por un lado “incluíuse unha partida de certa relevancia nos orzamentos da Xunta, na SPI, co fin de iniciar os tramites para facelo”, pero pola contra “o Conselleiro de Cultura comparece no Parlamento e sinala que non esta dacordo con esta previsión orzamentaria e anuncia outra cousa distinta”.

A maiores explicou que se poden cubrir cos gastos derivados do teleférico os gastos de explotación deste medio de transporte, e os gastos de investimentos terían que compensarse cos efectos indirectos derivados do propio teleférico e da atracción de visitantes, por iso asegurou que esta alternativa “é viable”.

Leiceaga afirma que presenta esta proposta “xa que é moi importante rendabilizar o que xa esta construído levando visitantes ao Gaias”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar