Aprobada unha iniciativa socialista para eximir as sancións dos pensionistas emigrantes retornados

Aprobada unha iniciativa socialista para eximir as sancións dos pensionistas emigrantes retornados

Aprobada unha iniciativa socialista para eximir as sancións dos pensionistas emigrantes retornados

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para regularizar a situación dos pensionistas emigrantes retornados e eximilos kdo pago de sancións. A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, reclamou que a administración tributaria deixe de tratar aos pensionistas emigrantes “como delincuentes fiscais”.

 

A deputada socialista esixiu “xustiza” cos pensionistas afectados por unha “estratexia planificada e premeditada” pola Axencia Estatal da Administración Tributaria para tratar aos pensionistas “como delincuentes fiscais”. Acusou ao PP de atacar aos emigrantes retornados “mentres Mariano Rajoy lle ofrece amnistía fiscal aos verdadeiros delincuentes fiscais”.

 

Criticou que o goberno teña amparado unha inspección masiva aproveitando unha “evidente falla de información” dos pensionistas para requirirlles os pagos a facenda por non ter declarado as pensións dende 2008. Puntualizou que “ninguén pode crer que todos os pensionistas retornados se puxeron de acordo para defraudar á facenda durante anos”, senón que non o declararon porque non sabían que tiñan que facelo.

 

Gallego advertiu que esta é a primeira vez na historia en que se lles require aos pensionistas que tributen polas pensións que están percibindo de países estranxeiros, esixindo ademais o pago de intereses de demora, sancións, e esixindo un prazo de 18 meses para o pago. Dixo que esta situación provoca o “quebranto económico” de moitas familias que dependen destas pensións en plena crise económica.

 

Denunciou que, no peor momento económico, a Axencia tributaria require uns pagos inasumibles a uns pensionistas, os galegos, coas pensións mais baixas do Estado, cunha media de 700 euros. Esixiulle ao goberno galego que “se implique e defenda aos galegos e galegas que tiveron que marchar de Galicia, sufriron o exilio e que hoxe non poden disfrutar dun merecido descanso”.

 

Sancións

 

A proposta socialista reclamaba que os pensionistas sexan axeitadamente informados, un tratamento homoxéneo destes casos en tódalas axencias tributarias, xa que hoxe dan prazos e tratamento diferenciado, que non se cobren os intereses de demora ou sancións económicas e deixar un prazo suficiente para aqueles que teñan que facer fronte aos pagos.

 

Gallego rexeitou a proposta do PP de manter as sancións económicas e reclamou a súa retirada “para ser xustos con tódalas persoas afectadas, incluíndo ás que xa fixeron o pago das ditas sancións”.

 

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

Solicitar do Goberno de España que, na inspección que se está dirixindo por parte da Axencia Estatal da Administración Tributaria a pensionistas que á súa vez teñan pensións da emigración, tendo en conta as actuais circunstancias de recesión económica, os altos niveis de desemprego e o empobrecemento das familias, moitas das cales hoxe dependen, para a súa supervivencia, dos ingresos mensuais destes pensionistas nos seus fogares, adopte as seguintes medidas:

  1. 1. Regularizar a situación dos pensionistas sen consideralos como defraudadores fiscais, ofertando información pormenorizada e homoxénea das súas obrigas fiscais.
  2. 2. Habilitar, para o caso de que teñan que afrontar pagos polas súas declaracións complementarias, períodos de pagamento máis longos que os estipulados habitualmente, en aras de evitar un quebranto económico nas unidades familiares destes pensionistas.
  3. 3. Eximir do pago de sancións a aqueles pensionistas que regularicen a súa situación fiscal.
  4. 4. A revisión dos convenios marco con outros países para evitar que situacións deste tipo poidan volver a repetirse no futuro.
  5. 5. Que se teñan en conta todos os criterios anteriores para estimar os recursos que se presenten ante as sancións xa comunicadas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar