Aprobada unha iniciativa socialista para esixirlle á Xunta o cumprimento "inmediato" da Lei de reforma da CRTVG

Aprobada unha iniciativa socialista para esixirlle á Xunta o cumprimento "inmediato" da Lei de reforma da CRTVG

Aprobada unha iniciativa socialista para esixirlle á Xunta o cumprimento "inmediato" da Lei de reforma da CRTVG

Méndez Romeu advirte da paralización da norma polo goberno galego durante tres anos para garantir unha televisión “hiperpolitizada, ao servizo do PP e en franca ilegalidade”.

O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para esixirlle á Xunta o “cumprimento inmediato” da Lei de renovación da CRTVG, aprobada en novembro de 2011. O portavoz socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou ao goberno galego de manter a norma paralizada “durante 3 anos”.

O responsable socialista acusou ao goberno galego de provocar a “perda de credibilidade e de audiencia” dun ente público que absorbe 90 millóns de euros cada ano. A TVG vén de rexistrar, sinalou, os “peores datos de audiencia da súa historia” e concluíu que “temos unha televisión menos relevante, hiperpolitizada, ao servizo do PP, que impón un modelo insostible e en franca ilegalidade”.

Méndez Romeu dixo que o goberno galego elude o cumprimento da Lei para evitar aprobar o mandato marco das liñas de funcionamento da TVG, que ten que ser aprobado por maioría cualificada. A lei tamén obriga a aprobar o contrato programa de funcionamento e financiamento por 3 anos, a elección dos órganos directivos por maioría reforzada e a creación de consellos de redacción.

Acusou formalmente ao PP de “calumniar” ao sinalar un suposto pacto para o nomeamento do actual director xeral da CRTVG que, lembrou Méndez Romeu, “foi imposto unilateralmente polo presidente da Xunta”. Así o dixo antes de advertir que o PP apoiou a iniciativa “para non dar exemplo de desobediencia civil”, pero sinalou que a iniciativa esixe o cumprimento “inmediato” da norma.

Sinalou que o goberno galego “leva 1.000 días” sen demostrar “ningún interese, ningunha urxencia” por cumprir coa norma para garantir o papel da TVG como “órgano de expresión do PP e non como un medio público, unha televisión de partido”. Puxo como exemplo que no mes de maio o presidente da Xunta multiplicou por 11 a presenza do líder da oposición, Gómez Besteiro.

No pasado mes de xuño, dixo, Feijóo estivo en pantalla “ 3,5 horas de presenza en pantalla do presidente –alén das presenzas dos demais membros do goberno- como en Cuba”, subliñou. Ademais, Feijóo sempre reflicte “actuacións positivas” e os membros do goberno aparecen de forma sucesiva nos bloques informativos, mentres as novas correspondentes á oposición “son tratadas co sesgo mais negativo posible”.

Censurou que a TVG ofreza unha “visión maniquea, tramposa e manipuladora” da realidade sociopolítica, elaborada “non por periodistas independentes e profesionais, senón polos gabinetes de prensa do PP”. Mentres isto ocorre, dixo, “a audiencia da TVG desplómase” e acada no pasado mes de maio “o peor rexistro da súa historia”, un 8 por cento de share, “a metade con respecto a 2009”.

Alertou da “estrema febleza” que ofrece o presidente da Xunta ao ter que manipular os medios públicos par que ofrezan unha imaxe da realidade “teimadamente distinta” da crise que está atravesando Galicia. A CRTVG, explicou, ofrece “unha perfecta metáfora da parálise institucional da Xunta”, que se mantén “de costas ás necesidades sociais, ausente da súa acción transformadora da sociedade e da economía”.

A súa única preocupación, dixo, no canto de gobernar e sacar ao país da crise é “ofrecer unha fachada, a ilusión dun país irreal, un espello máxico no que se reflicte a soberbia presidencial” e impiden o cumprimento dunha lei que “rompería co espello máxico”.

Sinalou que a TVG, que lles custa aos galegos 90 millóns de euros cda ano, incumpre a súa función de ofrecer unha información veraz e plural, o que “non é unha cuestión dos profesionais, senón dos directivos que limitan e cercenan a liberdade dos xornalistas” que traballan para o ente.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ó Goberno galego ó cumprimento inmediato das previsións da Lei 9/2011”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar