Aprobada unha iniciativa socialista para elaborar un Plan Industrial para de mellorar a competitividade e crear proxectos de reindustrialización

Aprobada unha iniciativa socialista para elaborar un Plan Industrial para de mellorar a competitividade e crear proxectos de reindustrialización

Aprobada unha iniciativa socialista para elaborar un Plan Industrial para de mellorar a competitividade e crear proxectos de reindustrialización

O Portavoz de Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu interveu na Comisión 6ª do Parlamento para reclamar á Xunta elaborar un Plan industrial cun horizonte de dez anos, que contemple; a mellora de competividade das industrias galegas, proxectos de reindustrialización, necesidades loxísticas e de transporte, pulo polo transporte de mercadorías por ferrocarril, un programa de innovación e de I+D+ en colaboración coas Universidade, un programa de captación de investimento directo do exterior e programa de apertura de novos mercados en colaboración co ICEX. A proposta foi aprobada por unanimidade.

Méndez Romeu denuncia a improvisación dos dous anos do Goberno de Feijóo na política industrial de Galicia, asegura que “non existe unha estratexia de planificación con obxectivos claros e definidos”.

O parlamentario socialista tamén aludiu a polémica sobre a fabrica de batería que a empresa Xeron quere implantar en Galicia. E criticou a mala xestión do Goberno de Feijóo neste asunto “hai o que había, nada”, espetou.

O portavoz de Industria afirma que Feijóo non ten unha diagnose clara das necesidades dos mercados que queremos explotar, por iso advirte da “folla de ruta prexudicial para os intereses de Galicia”. Tamén asegurou que non hai “ningún acordo social que permita impulsar estas políticas”.

Lembra que o Ministerio de Industria investiu na nosa Comunidade 240 millóns de euros, e pola contra denuncia a parálise de Feijóo nestes dous anos.

Sinala que e perda de empregos industriais “é mais que notable na nosa Comunidade”, por iso insiste “fai falla un marco claro que oriente os investimentos, coordine as iniciativas do sector privado e favoreza as iniciativas inseridas nas liñas prioritarias”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar