Aprobada unha iniciativa socialista en contra da supresión de partidos xudiciais nas cidades

Aprobada unha iniciativa socialista en contra da supresión de partidos xudiciais nas cidades

Aprobada unha iniciativa socialista en contra da supresión de partidos xudiciais nas cidades

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, dixo hoxe que “a xustiza en contra de todos é a mais grande inxustiza”. Así o sinalou no debate dunha iniciativa socialista en contra da concentración de partidos xudiciais nas capitais de provincia que foi debatida e aprobada na Comisión de Xustiza do Parlamento.

A responsable socialista reclamou hoxe unha “manifestación clara en contra” da “contrarreforma xudicial” que está a aplicar o Ministerio de Xustiza baixo a batuta do ministro Gallardón. Sestayo salientou que “existe unanimidade na necesidade de modificar a planta xudicial, outra cousa é cómo o facemos” e lamentou o desleixo do goberno galego diante das iniciativas do ministro do PP.

A iniciativa socialista insta á Xunta a “realizar todas as actuacións que sexan precisas para manifestar a súa oposición á concentración dos partidos xudiciais nas capitais de provincia, esixindo ao Goberno galego o respecto aos partidos xudiciais que xiran en torno ás cabeceiras das grandes cidades”.

Advertiu que a eliminación dos partidos de Vigo ou Ferrol evidencia que “a xustiza non importa” por que a reforma supón “afastar os servizos dos cidadáns e marcarlles a distancia respecto dos tribunais de xustiza”. Criticou que a “contrarreforma de Gallardón” vai “para atrás de todo o acadado” a través dunha proposta “unilateral con tódolos actores en contra”.

Lamentou que o goberno galego “non ten nada que dicir sobre unha reforma xudicial que cambia a estrutura institucional, non só arquitectónica” na que “volve a pasar coa xustiza o mesmo que coa desaparición do principio de autonomía municipal”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a realizar todas as actuacións que sexan precisas para manifestar a súa oposición á concentración dos partidos xudiciais nas capitais de provincia, esixindo ao Goberno galego o respecto aos partidos xudiciais que xiran en torno ás cabeceiras das grandes cidades”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar