Aprobada unha iniciativa socialista de apoio ao sector téxtil no Parlamento de Galicia

Aprobada unha iniciativa socialista de apoio ao sector téxtil no Parlamento de Galicia

Aprobada unha iniciativa socialista de apoio ao sector téxtil no Parlamento de Galicia

A Comisión de Industria do Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de Lei presentada polos socialistas galegos para reclamarlle á Xunta apoio ao sector téxtil galego incluíndoo na próxima Axenda de Competitividade Industrial galega e a apoiar cada ano aos proxectos de dinamización e renovación dos talleres a partir de 2015.

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, explicou que o sector padece da falla de apoio do goberno galego, que está a permitir a desindustrialización de Galicia, que conta cun sector téxtil composto de pequenos talleres que non poden asumir por si solos o investimento necesario para a súa renovación e modernización.

Sinalou que o goberno galego “pretende empeorar as condicións laborais e de produción destes talleres” buscando “competir pola vía da miseria” e da redución dos custes de produción “en lugar de impulsar a industria para sumar valor engadido e acadar unha produción de calidade atractiva para o mercado de nivel medio e alto”.

Ordes

O parlamentario socialista reclamou unha atención específica sobre a comarca de Ordes, exemplo claro do proceso desindustrializador do sector, que conta con 40.000 persoas que viven dos sectores agrogandeiro e téxtil e que conta actualmente con 1.500 empregos derivados do sector da confección.

Reclamou o apoio do goberno galego ao téxtil desta localidade ten encetado o proxecto de desenvolvemento endóxeno coñecido como “A Estación” para impulsar a produción cooperativa e que ata o momento non tivo ningún apoio por parte do goberno galego.

Iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a incluír ao sector téxtil na próxima Axenda da Competitividade Industrial de Galicia 2020, así como a apoiar con carácter anual dende 2015 calquera proxecto viable que contribúa á dinamización dos talleres téxtiles, renovando a súa maquinaria e tecnoloxía, especialmente en áreas con gran impacto local como é a de Ordes, a través dos instrumentos ao seu alcance”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar