Aprobada unha iniciativa para recoñecer a orixe galega na etiquetaxe dos produtos do mar

Aprobada unha iniciativa para recoñecer a orixe galega na etiquetaxe dos produtos do mar

Aprobada unha iniciativa para recoñecer a orixe galega na etiquetaxe dos produtos do mar

Mexillón conservaA Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para incluír a orixe galega na etiquetaxe dos produtos do mar. O portavoz de Pesca, José Ramón Val, advertiu que a normativa comunitaria actual divide os produtos galegos entre “Augas Portuguesas” –de Fisterra ao Sur- e “Baía de Biscaia” –ao leste de Fisterra-.

A Cámara insta ao Goberno galego a que promova unha modificación normativa diante da UE “para que os consumidores poidan ter acceso a toda a información sobre o que consumen e onde se especifique claramente Galicia como lugar de orixe”. Explicou que a situación actual “está a xerar xa graves problemas aos produtores galegos que tratan de diferenciar o seu produto para poder comercializalo cun mellor prezo”.

A normativa, engade, “o único que fai é confundir ao consumidor en troques de aportarlle unha mellor información” que ademais beneficiaría a Galicia, “a rexión máis importante en materia pesqueira e marisqueira da UE, e como tal debe ser tratada á hora de redactar normativa nesta materia”.

Advertiu que a UE está a discriminar aos produtos e polo tanto aos produtores galegos ao incumprir co obxectivo manifesto na normativa de etiquetaxe de produtos, deseñada co obxecto de ofrecer “unha información clara e completa acerca de, entre outras cousas, a orixe e o método de produción dos produtos”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a promover unha modificación normativa diante da UE para que os consumidores poidan ter acceso a toda a información sobre o que consumen e onde se especifique claramente Galicia como lugar de orixe”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar