Aprobada a proposta socialista para crear sete xulgados específicos para cláusulas chan

Aprobada a proposta socialista para crear sete xulgados específicos para cláusulas chan

Aprobada a proposta socialista para crear sete xulgados específicos para cláusulas chan

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para constituír un xulgado específico en cada unha das sete grandes cidades para que se faga cargo das demandas polas cláusulas chan.

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou esta proposta respaldada por tódolos operadores xurídicos que hoxe o PP accedeu a transaccionar logo de que onte, na súa intervención, anunciara o voto en contra. Finalmente accederon a solicitar “a creación ex novo de sete xulgados de reforzo en Galicia”, un para cada capital de provincia, ademais de Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela.

O Parlamento reclama ademais “unha sala cun xuíz, un letrado da Administración de Xustiza, funcionarios, unha sede e reparto propios” para facer fronte ás demandas polas cláusulas “sempre que o ingreso de demandas sexa superior a 900 por Xulgado”.

A responsable socialista sinalou que a solución prevista polo Goberno, de recargar un xulgado de cada provincia para afrontar estas demandas é unha “solución inxusta e antisocial que favorece á banca”. O dispositivo, dixo, “nace colapsado, pois vai recibir os centos de demandas de cada provincia, pero non as poderá tramitar por falta de medios”.

Explicou que esta situación “vai provocar retrasos e, polo tanto, prexuízos para os cidadáns”, porque “non hai medios axeitados, nin persoal suficiente, nin formación para atender estes asuntos complexos”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento insta ao Goberno da Xunta de Galicia a solicitar do Goberno do Estado, e escoitando ao Consello Xeral do Poder Xudicial, a creación ex novo de sete xulgados de reforzo en Galicia (un en cada capital de provincia, en Vigo, en Ferrol e en Santiago de Compostela) cos medios persoais e materiais necesarios (é dicir, unha sala cun xuíz, un letrado da Administración de Xustiza, funcionarios, unha sede e reparto propios) coa fin de facer fronte ás demandas polas cláusulas chan, sempre que o ingreso de demandas sexa superior a 900 por Xulgado”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar